Categoría: Próximas xeiras


Intensa xeira para  burlar o caluroso tempo de verán penetrando na frescura das bidueiras das ribeiras do río Neira, paraiso ecolóxico, dende Baralla a Portomarín, pasando polas igrexas románicas de  Berselos, Santiago de Covas, a Casa dos antepasados de Fidel Castro en Armea, Láncara, Ponte Neira , Portomarín e Ferreira de Pallares...entre outros puntos e aproveitando ao máximo a luz desta longa xornada. Unha xeira a lugares [...]

Está aberto o prazo pra inscribirse nesta singular xeira polo RIBEIRO DO AVIA. Paisaxes e paisanaxes con dúas capitales, Ribadavia e Leiro. Si ben este río que crea esta bisbarra dentro dos "Cinco Ribeiros" (Arnoia, Barbanitño, Arenteiro, Avia e Miño) nace e ven das terras de Avión. Itinerario que nos levará ademáis por Banga, Cabanelas, Pazos, Berán, Beade, o entorno da Pena Corneira... San Clodio, Lebosende, Cen [...]

Amigos dos Museos de Galicia veñen celebrando dende a mesma creación polao ICOM no 1977 a xornada de cada 18 de maio como DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS. Motivo para sensibilizar e divulgar  sobre os fins da intitución do museo: acopiar, conservar, estudar, documentar, divulgar testemuños da cultura dun pobo, cuns fins de educación e mesmo de lecer. Con tal motivo na tarde de este sábado, ás 17 horas, e partindo dende o mesmo e [...]

Esta aberta a inscripción para vivir algo imprescindible na cultura galega: a representación do auto da Resurrección  na campa de Santa María da Area en Fisterra. Ancestral tradición en relación coa morte e a resurrecurrección de Cristo, representación teatral popular que cristianiza o culto ao Ara Solis no extremo occidente do Vello Mundo . Recorrido que, ademáis de coñecer arqueoloxías deste C [...]

Está aberta a inscripción para participar nesta singular xeira, a fin de adentrarse en novos aspectos culturais que ofrece o entorno de Lalín, como a mesma arquiectura do seu concello, obra  contemporánea de Tuñón e Mansilla, ou mesmo a vila obreira das minas de volframio de Fontao...xa no concello de  Vila de Cruces... E ademáis outros puntos, como o Pazo da familia Loriga, entre outros, o entorno do mosteiro de Carboeiro, Breixa, Ansem [...]

A riqueza etnográfica de Galicia ponse de manifesto na súa variedade, proba de que é un país feito nos camiños, nos portos... Velaí como unha das mellores mostras o tempo no que renace, coa primavera, o agro, O ENTROIDO, cada bisbarra cos seus folións, coas súas máscaras...pero poucos tan ricos como o que este colectivo deu en denominar, xa vai para medio século como "o  Triangulo Máxico de Entroido" [...]

Está aberto o prazo pra anotarse e participar nesta xa tradicional XEIRA DA AVENTURA, a que levará aos asistentes a un lugar insólito, inesperado pra quen veña...pero sempre cheo de cultura, de acontecer tras acontecer, de leria e boas tradicións. Día no que sempre se ofrece moito de máis, como un agasallo a tod@s cantos nos coñecen ou desexan coñecernos, pra sumarse a Amig@s dos Museos de Galicia... e deste xeito, entrar na His [...]