SÁBADO 10 DE XUÑO: XEIRA AO EMPORIO AURÍFERO ROMANO DE AS MÉDULAS


Está aberto o prazo de inscripción para esta nova excursión cultural, que o sábado 10 de xuño nos levará ÁS MÉDULAS e ao seu entorno arqueolóxico. Amplo itinerario de ida e volta seguindo o Sil ao seu paso polo Monterfurado e polas terras de Valdeorras e mesmo pola Cabreira, para redondealo polo Bierzo de Vilafranca. Viaxe onde se fai imprescindible coñecer, contar e ver espazos que tiveron como protagonistas, hai dous mil anos, a miles de esclavos e como o cristianismo propagaba unha nova relixión de liberdade… así naceron, como novas tebaidas, o Val do Silencio e as Ribeiras Sacras, focos de humanización cristiá: viñedos, soutos, mosteiros….

Trátase dunha completa e amena xeira, con visitas e vistas sorprendetes, de pequena e fácil camiñada, coñecendo historias e mitos, escoitando textos da antiguidade como os referidos a este empoiro, contados nos primeiros anos da nosa era polo cronista romano Plinio… E como sempre sen faltar o xantar enxebre, nesta ocasión de carácter berciano..,

As Médulas consideradas as obras máis grandiosas da de minería aurífera, procesos que tamén nos levarán a contar o referido á metalurxia do ouro que tanto caracterizou á Gallaecia.

Súmate, coñece algo imprescindible na cultura galega. Ou volve para afianzar unha nova visión. Informate máis ou apuntate chamando ao 630930298 ou ao 981210101, como igualmente pasando por Portas Ártabras.