DOMINGO 7 DE MAIO: XEIRA POLA COSTA DA MORTE


A un tempo que abrimos a inscripción á xeira do sábado 29 de abril a Terras da Ulla, tamén o facemos coa que terá lugar unha semana despois e xa abrindo Maio, neste caso á Costa da Morte: dende Malpica, por Laxe, Camariñas a Muxia… a Fisterra, adentrándonos nos puntos máis descoñecidos e misteriosos destre extremo occidental do Vello Mundo, as Fisterras galegas. Dende as 9 da mañán aproveitaremos ben 13 horas de xeira por toda a beiramar, coñecendo arqueoloxías, devocións, mitos, lendas de aventureiros e santos, San Adrian, San Guillermo, a Virxe da Barca… historias e puntos de naufraxios… e non faltará o xantar enxebre. Xeira imprescindible para adentrarse na historia da cultura galega.

Agradecemos o anotarse con antelación, o que permitirá a mellor organización, tal como merece quen con nós concorre.