Trátase dunha introdución a aspectos, que a través da Historia da Arte, caracterizan e universalizan á cultura galega, expresados a través da literatura, da arte, da antropoloxía, dos camiños… Imparte: Felipe-Senén López Gómez, Historiador da Cultura Galega. Arqueólogo e Museólogo. Dónde: Biblioteca Provincial (R. Riego de Agua, 37 - A Coruña) Días: os mércores de novembro: 3, 10, 17 e 24. Hora: ás 19:30 h Prazas: entrada libre ata completar aforo 1: PREHISTORIA-PROTOHISTORIA e AS RE [...]
O xoves 28 de outubro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a conferencia do filólogo e xornalista Xosé Ramón Fandiño Veiga titulada : "ISAAC DÍAZ PARDO, MEMORIA DO COMPROMISO" Fandiño Veiga adentrarase na misión de Diaz Pardo, de anovar as teorías do Seminario de Estudos Galegos a través do Laboratorio de Formas e a súa reflexión sobre ética- estética, tradición- contemporaneidade, arte- industria, por medio da " Industrias da memoria" , Sargadelos, o Castro, a Editorial do Castro, o Inst [...]
O xoves 21 de outubro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a conferencia impartida polo historiador e escritor José M. Monterroso Devesa, titulada "PEDRA, MÁRMORE E BRONCE" na que realizará un percorrido pola historia da Coruña a través das súas placas. Trátase dun paseo por prazas e rúas analizando epigrafe en pedra , bronce ou barro lembrando a persoalidades ou feitos históricos. Algúns destes documentos desaparecidos, cando non dañados pola erosión ou o vandalismo. Aforo limitado. É pre [...]
O xoves 14 de outubro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a proxección do documental "As miradas de Isaac" comentado pola Historiadora da Arte, Iria Friné Rivera. Peza audiovisual de creación, dirixida pola fotógrafa e xornalista cultural Cecilia Díaz Betz en colaboración co realizador Jordi Cussó. Un documental creado a partir de materiais de arquivo, na que se propón un encontro con Isaac, sendo el mesmo quen nos relata en primeira persoa a súa vida e obra. Unha forma ra [...]
O xoves 7 de outubro, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar a conferencia da arqueóloga Ana Isabel Filgueiras titulada: "CORME, TERRITORIO SOBRENATURAL. Mitoloxía, toponimia e tradición oral" Aforo limitado. E preciso reservar no 630 930 298 A conferencia aborda os resultados do estudo realizado en Corme no ano 2018, promovido pola Concellaría de Patrimonio do Concello de Ponteceso (Coruña), no ámbito territorial das parroquias de Nosa Señora dos Remedios (Porto), San Adrían de Corme, San X [...]
O xoves 30 de setembro ás 20 horas en Portas Ártabras o guía e actor Suso Martínez interpretará a Eduardo Pondal: "UN BARDO PARA OS CELTAS, OS DOS CORPOS BEN COMPRIDOS" Suso Martínez propón un percorrido por un universo de xigantes, de fadas que coñecen os misterios dos megalitos, e de bardos contadores de epopeias. O Universo de Pondal, das celtas Eirín e Ullín, que se transformará en identidade dun País con Queixumes dos pinos. Aforo limitado, é preciso anotarse no 630 930 298.
O xoves 23 de setembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a conferencia do escritor e mestre Xesús Torres titulada: ÁLVARO CEBREIRO (1903- 1956) CARICATURA, HUMORISMO, ILUSTRACIÓN. Aforo limitado é preciso reservar no 630930298 Xesús Torres Regueiro (Betanzos, 1957). Diplomado na Escola de Formación do Profesorado da Coruña en 1978. Mestre por oposición desde 1979, traballou no ensino público durante trinta e oito anos ata a súa xubilación, compatibilizando a súa profesión coa dinamizaci [...]
O xoves 16 de setembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a conferencia do Arqueólogo e profesor da Univesidade de Oviedo, Diego Piay Augusto "UNHA ARISTÓCRATA GALEGA ANÓMALA; A PERIPECIA VITAL DE MARÍA VINYALS E FERRÉS" A conferencia centrarase na vida de María Vinyals y Ferrés, cuxa vida se desenrolou entre Soutomaior, Madrid, Cuba e, en menor medida, Córdoba. Trátase dunha muller mol destacada no seu tempo, e a ela debemos dous libros (El Castillo del marqués de Mos en Soutomaior, 190 [...]
O xoves 9 de setembro, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación do libro de Adela Figueroa Panise "AS MULHERES DA CASA DA BOUÇA DA ROUPA ESTENDIDA", editado por Laiovento. No acto, ademáis da autora participarán: Carmen García Rodeja; voceira da ARMH (Asociación da Recuperación da Memoria Histórica) en Galicia, Isabel Mao; descendente dunha das mulleres a que se fai referencia no libro, Felipe - Senén; Presidente de Amigos dos Museos de Galicia e Xurxo Souto animará o acto coas s [...]
Volvemos... Retoma os camiños e a ilusión, esperámoste Sempre tivemos as Portas Ártabras abertas, esperándote. E agora, en Setembro e na medida que se normaliza a cuestión volvemos á actividade colectiva e continúa. Xa en programa están prefixadas as seguintes actividades. Inscríbete. Outras iranse incorporando na medida das circunstancias · Todos os XOVES: Leccións sobre a Cultura Galega: -2 Setembro: “Compostela e os seus Camiños” (Felipe –Senén) -9 Setembro: ”As mulleres na guerra” [...]