O xoves 8 de maio, ás 20 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova conferencia de José Luis García Dornelas, enxeñeiro especialista en iconografía medieval. Nesta ocasión, Dornelas explorará a visión bíblica da decadencia e o fanatismo do antigo Israel durante o milenio anterior ao nacemento de Cristo, e de como esta conduta reflectiuse na arte.A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura. Entrada libre ata completar aforo. Detalle da miniatura da Biblia ilus [...]
Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do segundo trimestre de 2025. O vindeiro día 6 de maio, o escritor Rafael Lema Mouzo impartirá unha palestra co título: Costa da Morte, un país de soños e naufraxios Data: 6 de maio, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Rafael Lema Mouzo (Ponte do Porto - A Coruña) é escritor, com [...]
O luns 5 de maio, ás 19 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación de "ELGAR ENCYCLOPEDIA ON GLOBAL MIGRATION: NEW MOBILITIES AND ARTIVISM". Se trata de unna enciclopedia sobre Migracións Globais, con 200 entradas de 200 autores de todo o mundo. Contaremos coa participación de dúas das editoras, Laura Oso e Natalia Ribas-Mateos e algunhas das autoras do libro. https://youtu.be/Y2aF-tsN-SM?si=Z5MD_qNFtxnlEsh4
O sábado 26 de abril ás 19:30 horas, terá lugar en Portas Ártabras a HOMENAXE A TITO CALVIÑO E PRESENTACIÓN DO LIBRO A CULPA FOI DE ZËNZAR, un evento máis que agardado, orquestado por Laura Rabizal e Xose Anton Bocixa. Contaremos coa presenza de: Tito Calviño (fillo), Xurxo Souto, Manuel Silveira (12 Labirinto), Antón Papaqueixos, Xosé Bocixa (Zënzar), Gonzalo Grela (Broa) e Laura Romero (Autora) E é que, aínda que vos pareza que non, o rock e punk de Cerceda e arredores non sería o que é sen a [...]
O venres 25 de abril ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha palestra organizada por Galiza Sempre e Mar de Lumes titulada: "CHINA, AMEAZA OU ESPERANZA" que contará con Xavier García (xornalista internacional e autor do libro homónimo) e Iria Taibo (Responsábel de Acción Exterior do GP do BNG). "Só desde un coñecemento veraz do que na actualidade é China poderemos abordar a tarefa de que o seu imparable ascenso convértase nun piar fundamental dunha nova orde mundial máis xusta e pacífica [...]
O xoves 24 de abril ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación de "FEDERICO TAPIA SEGADE (1825 -1891) PRIMEIRO ALCALDE REPUBLICANO DA CORUÑA". O acto contará coa presenza dos seus autores; Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez. A obra recolle, a través da vida de Federico Tapia, unha das etapas máis luminosas da cidade da Coruña no século XIX, co trasfondo da revolución de 1868, o Sexenio Democrático, ou a I República e a posterior Restauración. Un período de importante desenv [...]
O mércores 23 de abril ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro: "AS VELLAS DE MENS" de José Manuel Fernández Pensado, editado por Galaxia. Acompañando ao autor estarán Xosé Manuel Varela, autor do prólogo e docente; Felipe - Senén López Gómez, autor do epílogo, arqueólogo e museólogo; e Xesús Domínguez Dono, director de Produción da Editorial Galaxia. Con motivo da concesión das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificada nas cantareiras, José Manuel Ferná [...]
Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do segundo trimestre de 2025. O vindeiro día 22 de abril, o historiador Carlos Pereira Martínez impartirá unha palestra co título: Luces da heterodoxia: mulleres espiritistas e teósofas en Galicia (1875-1936) Data: 22 de abril, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Na palestra faráse un percor [...]
O xoves 10 de abril, ás 20 horas, o enxeñeiro José Luis García Dornelas, especialista en simboloxía medieval, ofrecerá unha conferencia en Portas Ártabras sobre os 600 anos que tardaron as tribos de Israel en chegar á Terra Prometida e como estes acontecementos reflectíronse na arte. A charla irá acompañada da proxección dun centenar de obras de pintura e escultura. Entrada libre ata completar aforo. Placa de esmalte pertencente a unha cruz, do ano 1170 aproximadamente. Consérvase no British Mus [...]
O xoves 3 de abril ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar a presentación do libro: "CANTOS DE DOR E LIBERDADE" VOCES GALEGAS POR PALESTINA, editado por Tempo Galiza. O acto contará coa participación d@s poetas Eva Veiga, Celso Álvarez Cáccamo, Mario Herrero, Xosé Iglesias, Chisco Fernández Naval, Lois Diéguez... da ilustradora Julia Aguiar e do músico Cesar Morán. Os beneficios deste libro, así como os dereitos de autoría, irán destinados íntegramente ó UNRWA para a axuda humanitaria á poboa [...]