Actualidade


O mércores 8 de abril, ás 20 horas terá lugar un acto organizado polo Ateneo Republicano de Galicia en Portas Artabras (rúa Sinagoga, 22 – A Coruña): a presentación do libro: "COMO TERMINÓ LA GUERRA CIVIL ESPAÑOLA" de Gutmaro Gómez Bravo. Participarán no acto: O autor, Gutmaro Gómez Bravo (Catedrático de Historia Contemporánea - UCM) Emilio Grandío Seoane (Catedrático de Historia Contemporánea - USC) Cándido Barral Alvarellos (Xornalista). Baseada en documentación inédita proceden [...]

O vindeiro dia 7 de abril o historiador Diego Rodríguez González impartirá unha palestra co título: "Manuel Murguía: un folclorista atípico", organizada por a Agrupación Cultural O Facho Data: 7 de abril, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Diego Rodríguez González licenciouse en Xeografía e Historia, especializándose en Historia Contemporánea e Biblioteconomía e Arquivística. Ocupou diversos postos como bolseiro, destacando na Bibli [...]

Desde Defensa do Común, en colaboración coa Asociación de Veciños da Cidade Vella, convocamos a toda a cidadanía a un acto informativo para analizar a situación actual e os impactos futuros do proxecto urbanístico nos terreos da Maestranza. O encontro terá lugar o martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, no local de Portas Ártabras (Sinagoga, 22). Por que é urxente esta xuntanza? A veciñanza observa con gran preocupación como a promotora Lipromo xa iniciou a comercialización [...]

O sábado 28 de marzo ás 16 horas sairemos cara Santiago de Compostela para visitar a exposición adicada ao escultor Asorey no Museo da Cidade da Cultura do monte Gaiás. A exposición Francisco Asorey, unha recuperación necesaria afonda desde unha óptica contemporánea no complexo mundo creativo do seguramente máis destacado escultor de Galicia e un dos renovadores da arte escultórica española do século XX. Esta reúne unha selección das obras máis importantes do escultor. Desde as pezas i [...]

O xoves 26 de marzo ás 20 horas terá ugar en Portas Ártabras unha conferencia pronunciada polo arqueólogo e profesor de Historia Antiga da Universidade de Oviedo, Diego Piay Augusto, titulada: "GALLAECIA NO OCASO DE ROMA: UNHA PROVINCIA DE INTELECTUAIS" Durante a Antigüidade tardía, diversas fontes escritas mencionan a personaxes destacados vinculados ao territorio da provincia romana de Gallaecia, pertencentes ás elites culturais e políticas do momento. Esta aparente concentración de figuras in [...]

O vindeiro dia 24 de marzo o licenciado en Dereito e Ciencias Económicas Enrique Sáez Ponte impartirá unha palestra co título: “O MUNDO E NÓS”, acto organizado pola Agrupación Cultural O Facho. Data: 24 de marzo, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Enrique Sáez Ponte (A Coruña, 1947) é licenciado en Dereito e en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e MBA do IESE (Barcelona). Profesional da empresa priv [...]

O sábado 21 de marzo teremos unha xeira especial para coñecer Monforte e os seus arredores. Xeira cunha detida visita ao Museo do Ferrocarril de Galicia. Sobranceiro conxunto distinguido entre o patrimonio industrial europeo, inaugurado no 2001: depósitos, rotonda, talleres, fragua, dormitorios de ferroviarios... locomotoras, coches de viaxeiros históricos, coleccións... Recorrido pola cidade, capital da terra de Lemos, presidida polo torreón e o convento de San Vicente del Pino. Ribeiras do Cab [...]

A infanta Ana de Austria por Pantoja de la Cruz (1602). Galerías Reales (Madrid). O xoves 12 de marzo, ás 20:00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo "Paganismo e Cristianismo na arte". Nesta ocasión, José Luis García Dornelas falará sobre "EL MAL DE OJO EN LA HISTORIA Y EN EL ARTE". A charla acompañarase coa proxección dun centenar de imaxes para mostrar gráficamente a evolución desta crenza ao longo de máis de 3.000 anos. Entrada libre ata completar aforamento.

O sábado 7 de marzo terá lugar esta xeira que nos levará pola bocaribeira de Amoeiro, á Trasalba co pazo de Otero Pedrayo, pazo de Vilamarín, ao mosteiro cisterciense de Oseira, as terras de Cea, Maside, Punxín, o Carballiño.... Unha xornada intensa para coñecer aspectos vertebráis dunha xurisdición que no medievo se coñeceu comoTerra de Castela, veciña de Orcellón (O Irixo). Parte importante da historia da cultura galega. Algo que faremos a través de aspectos da vida e da obra do xeógrafo, hist [...]