Xeira para o domingo 10 de maio que nos levará, seguindo o río Masma por terras de Alfoz, as do celebre señor medieval Pardo de Cela, para seguir cara San Martiño de Mondoñedo e furar na historia do bispo Gonzalo, que afundiu barcos viquingos coa simple mirada... Era iste o Convento Máximo, unha das colectividades cristiáns máis antigas da península Ibérica, a que recibiu ao Maeloc bretón... Continúa o Itinerario pola beiramar de Foz e os seus castros, Burela, as factorias de Sargadelos, as ruin [...]
O xoves 7 de maio ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga 22 - baixo) un repaso das "VIAXES ARQUEOLÓXICAS E ANECDÓTICAS POR 52 PAÍSES DE 4 CONTINENTES" realizadas polo arqueólogo, investigador e escritor Pablo Novoa Álvarez. Actividade subvencionada por:
O xoves 30 de abril ás 20 horas, o historiador e xornalista, Santiago del Valle Chousa; acompañado por Javier Alonso Iñarra, membro da Xunta Directiva e responsable de expedicións da Sociedad Geografica Española, presentarán en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22 - baixo) o proxecto HATUN VILCABAMBA ES, que culmina tres décadas de investigación e exploracións no Perú para identificar e poñer en valor a capital sagrada perdida dos últimos reis Incas, Hatun Vilcabamba, coñecida polos españois como V [...]
O pasado venres, 17 de abril, finou na Coruña, o que foi secretario do noso colectivo, Amigas e Amigos dos Museos de Galicia, Ernesto Pérez Ramil. Vida truncada por unha enfermidade de difícil prognóstico, así no lo anunciaba él con exemplar resignación. Fonda pegada deixa en nós: sempre a pé de obra, do dito axiña ao feito, desexando servir a cambio de nada. Actividade ralizada dende moitos anos atrás, mesmo dende aqueles seus anos de estudo en Compostela, finais dos oitenta, formándose en Mus [...]
Iste vindeiro domingo, 26 de Abril temos en programa unha xeira a Terras de Ortegal, tan caracterizadas a nivel universal pola súa excepcional xeoloxía, como pola súa historia, etnografía e cultura. Con visita a San Andrés de Teixido, afondando nas súas lendas en relación co Trasmundo, seguindo pola Serra da Capelada, entre as greas de bestas bravas, cos máis sorprendentes miradouros e garitas apuntando ao mar...e xa o Cabo Ortegal co santuaro de San Xiao de Trebo cristianizando cultos mariños r [...]
O venres 24 de abril, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga 22 - A Coruña a presentación do libro "LABORALISTAS. UNA DÉCADA UTÓPICA", un tributo ao espírito nobre e digno dos avogados laboralistas da transición: No acto participarán: Cristina Almeida (Despacho c/ Españoleto) Tomás Duplá Del Moral (Despacho c/ Españoleto) Fuco Antas (Despacho c/ Atocha) Manuel Lago (Congreso dos Diputados - Sumar) Cándido Barral Alvarellos (Xornalista) Entrada libre ata completar aforamento. LABORAL [...]
O xoves 23 de abril ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do último libro de poesía de Adela Figueroa titulado: "ERÓTICA É A ALMA DAS CEREIJAS". Amais da autora participarán no acto: Celsa Sánchez (ilustradora do libro) e o acompañamento musical de Eladio Rodríguez. Entrada libre ata completar aforamento. Adela Figueroa Panisse participou na fundación de organizacións como ADEGA, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a revista O Ensino, da que foi directora. Foi voceira de Nu [...]
O vindeiro dia 14 de abril, ás 8 do serán terá lugar en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña) unha actuación musical dos compoñentes do grupo A Quenlla: Paloma Suanzes, Leire Barbadillo, Manuel Dopico e Baldomero Iglesias (Mero). Actividade organizada pola Agrupación Cultural O Facho. Actuación de catro compoñentes de A Quenlla --Paloma Suanzes, Leire Barbadillo, Manuel Dopico e Baldomero Iglesias Dobarrio, coñecido artisticamente como Mero, profesor, cantante e escrit [...]
O domingo 12 de abril, realizaremos esta xeira que nos levará ao concello de Allariz, esta vez a fin de particularizar e coñecer o máis significativo do seu rico e variado patrimonio cultural. Tal como o complexo arqueolóxico de Santa Mariña de augas santas: o Castro de Armeá e o seu inmediato Pozo da Santa, a Igrexa coa tumba da Santa Martir, pozo romano da capela de Santo Tomé, a fonte milagreira e o ancestral carballo... Continuando á tarde para visitar a vila, coñecer a súas tradicións festi [...]
Colgante greco romano. O xoves 9 de abril, ás 20.00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo "Paganismo e Cristianismo na arte". Nesta ocasión, José Luis García Dornelas apoia a súa exposición en máis de cen imaxes que revelan como o sexo funcionaba na Antigüidade como un escudo contra os espíritos e o mal de ollo, antes de que a Igrexa o "demonizara" e o transformara en algo obsceno. Entrada libre ata completar aforamento.