Actualidade


O xoves 22 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar en "Portas Ártabras" terá lugar unha conferencia do arqueólogo e historiador da cultura galega, Felipe-Senén, titulada: "INTRODUCIÓN AO ENTROIDO EN GALICIA", recorrido polo almanaque festivo, as variedades, rivalidades e competencia de máscaras, folións, músicas, cantos, habilidade artesanal na confección de máscaras e traxes... Herdo tradicional con aportes prehistóricos, celtas, romanos, medievais e as incorporacións actuais e mesmo creativas de ca [...]

O xoves 15 de xaneiro ás 19:30 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do fotolibro "OS OLLOS QUE VEN O TEMPO", con fotografías de Carmen de Miguel e poemas de Emma Pedreira. As autoras estarán acompañadas polos músicos Juan Jove e Javi López. No libro se tratan as baixantes de auga de Coruña vistas dende unha perspectiva abstracta e imaxinativa.  Entrada libre ata completar aforamento.

Editorial Dilema publica, na súa colección Antologías e en edición bilingüe, tres libros de tres dos poetas galegos máis significativos do noso tempo: Xosé María Álvarez Cáccamo, Xavier Baixeras e Xavier Seoane. Isto supón, por unha banda, o recoñecemento a tres obras singulares e, por outra, a posibilidade de que o seu ámbito de irradiación lectora se amplíe a todo o espazo hispanofalante. Pertencentes á mesma xeración poética e vital, Álvarez Cáccamo, Rodríguez Baixeras e Seoane seleccionaron [...]

O vindeiro día 13 de xaneiro o enólogo, investigador e divulgador Alfonso Losada Quiroga pronunciará unha palestra co título:  “Denominacións de orixe dos viños de Galicia: a importancia das variedades autóctonas”. Data: 13 de xaneiro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Alfonso Losada é natural de Tuiriz e na actualidade reside en Ourense. Funcionario de carreira da Xunta de Galicia, a súa formación académica é de Enxeñeiro Técnico [...]

O xoves 8 de xaneiro, ás 20:00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo "Paganismo e Cristianismo na arte". Nesta ocasión, José Luis García Dornelas expoñerá un centenar de obras de pintura e escultura para comentar os motivos polos que os Magos de Oriente vanse transformando ao longo dos séculos ata converterse finalmente en Reis. Entrada libre ata completar aforamento. Misal de Salzburgo (Clm 15708 I, fol. 63) que se conserva na BSB de Múnich

O Nadal significa nacemento e represéntase cun Belén, cunha humilde aldea á que acude unha familia buscando fonda… non a atopan, acóllense nun cortello e alí nace unha Esperanza, pregoada no ceo polas estrelas. Alí acoden pastores, gaiteiros, lavandeiras… e mesmo Reis Magos que poñen os pés na Terra cunha mensaxe de Paz. Hai outras fórmulas de celebración a do árbore verde cuberto de brilos e luz, a dun Papa Noel ou dun vagamundos, home do saco, cargado de sorpresas… a Galiza das encrucilladas e [...]

O sábado 20 de decembro terá lugar a xeira especial de fin de ciclo anual 2025. Nesta aocasión para coñecer a cidade de Vigo e os seus museos. Tempo especial que abre ao Nadal e no que a cidade se ilumina de xeito singular, recorrido que faremos ao anoitecer polos lugares máis emblemáticos. Si ben pola mañán veremos o Museo de Quiñones de León en Castrelo, un paseo pola arqueoloxía e a historia da cidade. Outro centro a visitar será o Museo do Mar de Galicia, con canto significa para a historia [...]