Está aberto o prazo para a visita integral a PONTEVEDRA que este colectivo de Amigos dos Museos de Galicia realizará o domingo día 1 de abril co gallo do Día das Artes Galegas. Visitaránse os seus museos, a cidade, roteiro arquitectónico na lembranza do arquitecto pontevedrés Alexandre de La Sota (1913 - 1996).
O venres 16 de marzo ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación do novo poemario de Ramona Giraldez titulado "Tardes de Domingo". No recital de poesía e múscia ademáis da autora participarán: Luz Arufe (ilustradora) e Leticia Eirin (profesora da UDC), así coma os músicos: -Los Invisibles -Irene Cerqueiro -Pablo Mera ENTRADA LIBRE
Amigos dous Museos de Galicia organiza esta tarde unha conferencia de José Luis García Dornelas, dentro do ciclo “Paganismo e relixión na arte”, na que dará unha visión pouco convencional de diversas escenas da Infancia e Bautismo de Jesús. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura.
Ás 20 horas PORTAS ÁRTABRAS, acollerá a APRESENTAÇÃO NA CIDADE DA CORUNHA de "GALEGUIA, de MANUEL MIRAGAIA, um livro poético aberto ao mundo que se expressa na nossa língua e que recolhe os mitos do nosso passado e as ideias principais que conformam uma utopia atualizada do Galeguismo. " Orador: César Morán, professor e cantautor
Ollo o cambio de hora: sairemos ás 9, hora oficial, como sempre e dos lugares de costumbre: paradas de autobus da praza daLeña, San Andrés, praza Pontevedra, Juan Florez, S. Pedro Mezonzo, Paxariñas... Xeira na que trataremos de adentrarnos nas novas iniciativas turísticas de Ribeira, os seus parques naturais, os museos, a arqueoloxía, a etnografía e as paisaxes desta parte da Barbanza que inspiraron aValle-Inclán. Itin [...]
Xa está dispoñible baixo estas líñas o programa da viaxe que Amigos dos Museos de Galicia levará a cabo entr:e os días 15 e 27 de xuño de 2018 DOS ETRUSCOS AO RENACEMENTO; DE FLORENCIA A ROMA , para asúa descarga. Ruta etrusca - De Florencia a Roma 2018 Máis Información en: CIBERVIAXES Rúa Federico Tapia, 41, 15005 A Coruña Tel: 981 21 66 00
No 2015 a Academia galega de Belas Artes instituiu o 1 de abril como Día das Artes Galegas, lembrando esta data a de 1188, na que o mestre Mateo coloca os linteis do Pórtico da Gloria. Mateo, Castelao e Maruxa Mallo foron os homenaxeados ata agora. Neste 2018 o homenaxeado será o arquitecto pontevedrés, Alejandro de la Sota. Alejandro de la Sota Martínez, nado en Pontevedra o 20 de outubro de 1913 e falecido o 14 de febreiro de 1996, foi un arquitecto galego. T [...]
Ás 20 horas en Portas Ártabras a profesora Pilar Garcia Negro impartirá unha conferencia sobre o poeta Eduardo Pondal (Ponteceso, 8 de febrero de 1835 - A Coruña, 1917), figura central do rexurdimento e autor da letra do himno galego.
Ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar un concerto a cargo da guitarrista Iria Quintía Romero. A intérprete fenesa realizará un percorrido musical desde o período clásico ata a actualidade. Iria Quintía comeza a tocar a guitarra á idade de 9 anos en varios centros de Madrid e finaliza os seus estudos de grao profesional no Conservatorio Xan Viaño de Ferrol coa profesora Águeda Guti [...]
Por mor da viaxe que o noso colectivo realizará ao corazón de Italia no vindeiro mes de xuño, abrimos agora a un ciclo de conferencias, proxeccións e documentais sobre os etruscos, os ligures, o Lazio. Roma...o Renacemento. Nesta ocasión, e a través dun documental, adentrarémonos na figura do pintor do século XVI, CARAVAGGIO, primeiro expoñente do Barroco, xenial creador que escandalizou no seu tempo polo realismo e a [...]