XOVES 19 DE ABRIL: CONFERENCIA DE XOSÉ MANUEL CASABELLA SOBRE O ARQUITECTO ALEXANDRE DE LA SOTA


Ás 20 horas en Portas Ártabras o arquitecto e profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, Xosé Manuel Casabella, impartirá unha conferencia sobre o arquitecto pontevedrés Alexandre de la Sota (1913-1996) formado no ambiente cultural da forecente Pontevedra dos anos previos á guerra civil,  sobranceiro alumno de Castelao, quen viu nel aptitudes  que non perdería nunca para sintetizar trazos e facilidades para a caricatura. Esencialidade de liñas que caracterizará a súa obra arquitectónica, valorada e exemplarizada a nivel mundial dentro do Movemento Moderno. Actividade en relación coas celebracións por mor de terlle dedicado, dende a Academia Galega de Belas Artes, a xornada do un de abril como figura clave  do Día das Artes Galegas 2018