O domingo 28 de novembro terá lugar unha nova xeira pola Ribeira Sacra do Miño a Allariz : Rocas, *Os Milagros do Medo, Molgas, Allariz... Entrega do Premio Pedra do Destino a Elixio Rivas. Anótate no 981 210101, ¡esperámoste!
O xoves 11 de novembro ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a actuación musical de Amparo e Roger Arias "STRANGE MISTERY FLOWER sing William Blake" "Strange Mystery Flower sing Willliam Blake". Así se chama a nova criatura discográfica de Amparo e Roger Arias. Todo comezou durante unha viaxe fascinante polo norte de Italia, onde Roger descobre unha misteriosa relación cos poemas de William Blake. Eses escritos místicos e visionarios, que xiran en torno aos anhelos máis íntimos e fondos do [...]
O xoves 4 de novembro ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a conferencia de Francisco A. Vidal titulada: "DOS FASTOS ÁS FESTAS" O santoral danos moitas claves sobre a sociedade, cada parroquia ten polo menos un santo baixo cuxo amparo agardaba unha vida mellor, pero o santoral tamén sirve para entender a historia e economía dun lugar, o que en principio poden parecer simples lendas ou supersticións. Tratarase de aproximar os fastos e as festas, como herdeiras dos mitos, dos símbolos e atrib [...]
Trátase dunha introdución a aspectos, que a través da Historia da Arte, caracterizan e universalizan á cultura galega, expresados a través da literatura, da arte, da antropoloxía, dos camiños… Imparte: Felipe-Senén López Gómez, Historiador da Cultura Galega. Arqueólogo e Museólogo. Dónde: Biblioteca Provincial (R. Riego de Agua, 37 - A Coruña) Días: os mércores de novembro: 3, 10, 17 e 24. Hora: ás 19:30 h Prazas: entrada libre ata completar aforo 1: PREHISTORIA-PROTOHISTORIA e AS RE [...]
06 – 11 DECEMBRO 2021 CON AMIGOS MUSEOS GALICIA BÉLXICA ONDE SE ATOPA EUROPA Bélxica e concretamente a capital Bruxelas queren reunir as esencias históricas e culturais da Europa de nosos días. Nada mellor que elixir un tempo de esplendor, de luces e cor, como é o Nadal, escaparate de Paz, cando tamén se anovan os ánimos despois da pandemia pra furar na Historia, na Arte, na Cultura, nas vellas e novas tradicións de Europa. E facémolo programando unha viaxe a través dun país e dunha capital que [...]
O xoves 28 de outubro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a conferencia do filólogo e xornalista Xosé Ramón Fandiño Veiga titulada : "ISAAC DÍAZ PARDO, MEMORIA DO COMPROMISO" Fandiño Veiga adentrarase na misión de Diaz Pardo, de anovar as teorías do Seminario de Estudos Galegos a través do Laboratorio de Formas e a súa reflexión sobre ética- estética, tradición- contemporaneidade, arte- industria, por medio da " Industrias da memoria" , Sargadelos, o Castro, a Editorial do Castro, o Inst [...]
Retomamos as xeiras de "Coñecer Galicia", nesta ocasión as bocarribeiras de Amoeiro, coñecendo as inspiradoras paisaxes de Otero Pedrayo, Trasalba. Anótate chamando ao 630 930298 ou ben ao 981210101
A mostra de fotografía de Yasuhiro Yotsumoto 'Camiño' estará dispoñible para visitar en Portas Ártabras do 18 de outubro ao 31 de decembro de 2021, en horario de luns a venres de 19:00 a 21.00 horas. Yasuhiro Yotsumoto naceu en Neyagawa (Osaka, Xapón). É un dos referentes na poesia xaponesa. O seu primeiro poemario (Warau bagu ‘O bug que ri’) foi publicado en 1991. En 2012 publicou en Xapón en ensaio sobre a obra do famoso poeta Shuntar? Tanikawa. Dende 1994 reside en Munich, Alemaña, pero iso [...]
O xoves 21 de outubro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a conferencia impartida polo historiador e escritor José M. Monterroso Devesa, titulada "PEDRA, MÁRMORE E BRONCE" na que realizará un percorrido pola historia da Coruña a través das súas placas. Trátase dun paseo por prazas e rúas analizando epigrafe en pedra , bronce ou barro lembrando a persoalidades ou feitos históricos. Algúns destes documentos desaparecidos, cando non dañados pola erosión ou o vandalismo. Aforo limitado. É pre [...]
O xoves 14 de outubro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a proxección do documental "As miradas de Isaac" comentado pola Historiadora da Arte, Iria Friné Rivera. Peza audiovisual de creación, dirixida pola fotógrafa e xornalista cultural Cecilia Díaz Betz en colaboración co realizador Jordi Cussó. Un documental creado a partir de materiais de arquivo, na que se propón un encontro con Isaac, sendo el mesmo quen nos relata en primeira persoa a súa vida e obra. Unha forma ra [...]