Actualidade


Ás 20 horas en Portas Ártabras a Editorial Alvarellos presentará "Pazo de Tor", a última obra da poeta Luz Pozo Garza. Acto no que contará, ademáis da autiora coa presencia da profesora Carmén Blanco, Victor F. Freixanes, e do propio edictor Henrique Alvarellos. Entrada libre. A poesía, como a beleza, non ten idade. Luces e sombras conmovidas / O tempo é relativo / e a contraluz do tempo / pasan tamén as vidas.. [...]

Ás 19 horas quedan convocad@s @s asociad@s á Asemblea Anual 2019 do noso colectivoen que terá lugar o xoves 14 de febreiro no noso espazo de cultura,"Portas Ártabras" (Sinagoga 22-Coruña). Que decir ten  que é pra directiva o momento de rendir contas, de expoñer plans, tamén de lembrar  e sobre todo de escoitar. Aínda que, cada día, estamos abertos a todas as suxestións é i [...]

A riqueza etnográfica de Galicia ponse de manifesto na súa variedade, proba de que é un país feito nos camiños, nos portos... Velaí como unha das mellores mostras o tempo no que renace, coa primavera, o agro, O ENTROIDO, cada bisbarra cos seus folións, coas súas máscaras...pero poucos tan ricos como o que este colectivo deu en denominar, xa vai para medio século como "o  Triangulo Máxico de Entroido" [...]

Está aberto o prazo pra anotarse e participar nesta xa tradicional XEIRA DA AVENTURA, a que levará aos asistentes a un lugar insólito, inesperado pra quen veña...pero sempre cheo de cultura, de acontecer tras acontecer, de leria e boas tradicións. Día no que sempre se ofrece moito de máis, como un agasallo a tod@s cantos nos coñecen ou desexan coñecernos, pra sumarse a Amig@s dos Museos de Galicia... e deste xeito, entrar na His [...]

 O Xoves 10 de xaneiro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras  unha nova conferencia de José Luis García Dornelas, dentro do ciclo “Paganismo y religión en el arte”, na que comentará como a literatura medieval, e o Códice Calixtino en particular, chegaron a crear unha imaxe prodixiosa do apóstolo Santiago. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de arte que servir [...]

Todos os “amigos” dos Museos de Galicia están convidados ás 20 horas no noso espazo de cultura “Portas Ártabras” a un sinxelo acto de despedida do exitoso, para nós, ano 2018 e brindis polo provir.Encontro no que Felipe-Senén, presidente, animador e fundador deste colectivo pioneiro en Galiza, revisará aspectos do pasado e anunciará camiños de futuro para un colectivo próximo a cumplir medio século [...]

O arqueólogo Lois Ladra, ás 20 horas en “Portas Ártabras”, introducirá á riqueza e tipoloxías de muíños de río, cos seus trebellos, técnicas de traballo, folclore e tanta incidencia na cultura tradicional galaico portuguesa. Lois Ladra é fondo coñecedor da arqueoloxía portuguesa, esa parte fundamental para reconstruir, de xeito integral, aspectos parciais da historia da arqueoloxía e da [...]

Ás 20 horas en “Portas Ártabras”  o arqueólogo Angel Concheiro Coello introducirá  a “OS CASTROS DAS BOCARRIBEIRAS DO MIÑO”, terras hoxe célebres pola súa vitivinicultura, na prehistoria, protohistoria, antiguidade e medievo de grande actividade.  Territorio ourensano presidiado polo monte sacro cristianizado e dedicado ao San Trocado, así como pola espectacular “civitas” o castro de San Ci [...]

Ás 20 horas en Portas Ártabras proxectarase o documental de Xabier Bermudez, realizado por Xamalú filmes en colaboración con TVG, 2018. Premiada reflexión sobre o mundo do cine, acto no que participará o seu director. É moi difícil medir a importancia social que ten o fútbol hoxe en día, pero podemos aseverar que este é, sen dúbida, o espectáculo que goza dunha maior atención en todo o mundo. Cando [...]