O xoves 21 de setembro, ás 20 horas en Portas Ártabras conitinuaremos co ciclo da Crónica dunha viaxe a Grecia. Actividade que consisitirá nunha crónica , ilustrada de imaxes, realizada por Felipe Senén, da viaxe que Amigos dos Museos de Galicia realizou na segunda quincena de xuño, con especial atención á illa de Creta, á cultura minoica e micénica, seguindo a Atenas e outros puntos do Peloponeso. Actividade no que o conferenciante abondará na civilización grega e a súa incidencia no Mediterran [...]
A fin da inmediata preinscrición ás grandes viaxes, axuntamos abaixo adianto das propostas das mesmas. Que decir ten que as actuais circunstancias reclaman con antelación suficinte a devandita preinscrición, a fin de garantir a priopridade ao grupo, a calidade que pretendemos dar, merecen @s asistentes e caracteriza as nosas actividades. As viaxes de Amigos dos Museos de Galicia caracterizanse por fuxir das rutinas comerciais, standarizadas e dar unha visión integral dos lugares a visitar: Arque [...]
Nota informativa, referida a denuncia presentada polas asociación Amigos dos Museos de Galicia (A Coruña) e A Solaina de Combarro, ante a Fiscalía Provincial de Pontevedra, para que se clarifique a propiedade da «chamada Casa Barroca de Combarro», adquirida en 1973 polo Ministerio de Educación y Ciencia para destinala a sede do Museo de Artes e Costumes Populares (Museo do Mar de Combarro). Pontevedra, 4 de setembro de 2023. Presentación da denuncia ante a Fiscalía o venres 1 de setembro. A Asoc [...]
O xoves 14 de setembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, titulada: "LA CARTOGRAFÍA EN EL ARTE ANTIGUO Y MEDIEVAL" A charla acompañarase coa proxección de máis dun centenar de imaxes para mostrar a concepción que se tiña do mundo ao longo dos séculos, facendo especial fincapé nos mapas simbólico-relixiosos que poñían de manifesto a xeometría como reflexo da divindade. Esta actividade está [...]
O xoves 7 de setembro, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar a proxección dun documental arredor da acrópole ateniense e do Partenón. Entrada libre ata completar aforo.
Podes anotarte para a xeira do domingo 27 de agosto, a tradicional viaxe cultural ao Courel... e como sempre lembrando e seguindo os pasos do poeta Novoneyra. Dadas as circunstancias desta serra, dos seus bosques, o tempo climatolóxico e cronolóxico marcará un itinerario de ida e volta sempre intenso e con moitas alternativas sorprendente e no que non faltará, como meta, a aldea Parada, a casa da vida e a sepultura do poeta Uxio Novoneyra, espazos onde se nos recibe e trata cun vello e tradicion [...]
O xoves 10 de agosto, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, titulada: "EL VIOLENTO Y MUJERIEGO REY DAVID" A charla apoiarase na proxección dun centenar de obras de arte, que servirán para comentar os motivos polos que un mítico rei mullereiro, adúltero, perxuro e asasino foi convertido polo cristianismo en antepasado de Cristo, monarca culto e autor dos Salmos. Esta actividade está enmarcada n [...]
O sábado 5 de agosto, ás 16:30 terá lugar a visita guiada e con degustación ao MEGA (Museo da Estrella de Galicia) que este colectivo de Amigos dos Museos de Galicia tiña axendada con antelación. Lembramos o interese deste novo centro vencellado á familia Rivera, así como a significación histórica e cultural da cervexa, da que xa o xeografo grego Estabón, nos anos do cambio de era, comentaba que era bebida enxebre (zythos) dos celtas galaicos... Ao cabo do tempo base dunha industria que caracter [...]
O xoves 3 de agosto, ás 20 horas en Portas Ártabras visionaremos un documental sobre o Partenón da acrópole ateniense. Con esta proxección iníciase un ciclo que continuará en xoves seguintes e nos que Felipe-Senén lembrará e analizará histórica e culturalmente o recorrido realizado por noso colectivo no pasado mes de xullo por Creta, Atenas e o Peloponeso.
Se queres coñecer Galicia ben non deixes de vir a esta xeira a terras ourensáns. Un día intenso que nos levará por lugares insólitos dende o Carballiño ao Ribeiro de Leiro, esto é do Avia, de Beade a Berán, subindo á fermosa igrexa románica de San Tomé de Serantes, ás sorprendentes paisaxes de Pena Corneira... sitios dunha intensa Historia, tamén recorridos por Grahan Green. Seguiremos por Avión, terra de "mexicanos" con grandiosas mansións, o castro de San Vicente... para seguir por Terra de Mo [...]