O xoves 14 de decembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, que falará sobre a crenza de que todo o universo está conectado e que os feitos que teñen lugar no ceo son un reflexo do que ocorreu ou ocorrerá na terra. A charla apoiarase na proxección de máis un centenar de obras de arte, que tentan mostrar a importancia que tiveron os mitos e lendas das estrelas nas antigas culturas e no cristi [...]
O venres día 1 de decembro este colectivo, realizará unha visita guiada ao Museo de Arte Sacro da Coruña: analizando o interese do seu contexto urbano, o adro da Colexiata de Santa María do Campo, o seu continente arquitectónico, obra do arquitecto Gallego Jorreto; os contidos, obxectos liturxicos, imxinería... a historia... O punto de encontro será diante da fachada do propio museo (Rúa Porta de Aires, 23) ás 13 horas. NOTA: Prazas limitadas, polo que é preciso anotarse previamente en Portas Ár [...]
O xoves 30 de novembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga 22, baixo) a proxección do minidocumental (20 min.) "DERRUBANDO XIGANTES. Amil, unha historia de loita polo Patrimonio Histórico" a posteriori haberá un debate con Lucas Andión, da plataforma Amil Sen Eólicos. A construcción de un polígono eólico no Acibal está a destruír petróglifos semana tras semana. O documental narra en primeira persoa a loita da veciñanza de Amil por deter esta barbarie, contra Vento e Marea.
Xa está aberta a inscrición para participar nesta xeira que nos levará polo ribeiro do Miño ata Ribadavia. Como insistía Otero Pedrayo hai cinco ribeiros: o do Avia, o do Miño, o do Barbantiño, o do Arenteiro e o do Arnoia. Nesta ocasión iremos por Maside a Punxín e dende esa parroquia que garda as reliquias do San Vintila a Mugares, núcleo de interesante igrexario e pinturas murais renacentistas... pasando por Toén, concello onde lembraremos aos antepasados da escritora Carmen Martín Gaite. Seg [...]
O sábado 25 de novembro, ás 16 horas dende a Plaza de Maria Pita (monumento) iniciaremos un recorrido por distintos espazos da cidade da Coruña para coñecer significativos aspectos do Modernismo na nosa cidade. Repaso da obra de singulares arquitectos como Pedro Mariño, Julio Galán, González del Villar, Ricardo Boán, Fernández , López Hernández, López de Mesa, Antonio Tenreiro, Reboredo López, Rodriguez Losada... entre tantos outros que representan as novas tendencias estilísticas co emprego dos [...]
O venres 24 de novembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) a presentación conxunta dos libros: "VERÁNS DE MISTERIO" de Tareixa Roca e o "CAMIÑO DOS FAROS (DIARIO DE VIAXE)" de Luís G. Soto editados por Espiral Maior. Amais os autores participarán no acto Manuel Castelao Mexuto (estudioso e crítico literario) e Miguel Anxo Fernán Vello (director de Edicións Espiral Maior).
O xoves 23 de novembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) unha nova conferencia pronunciada por Lois Ladra (arqueólogo e antropólogo) arredor dos RITUAIS FESTIVOS, CRENZAS E DEVOCIÓNS NO DOURO TRASMONTANO. Ao longo da pasada década, Lois Ladra desenvolveu en varios anos sucesivos un intenso traballo de campo na rexión portuguesa do Douro Transmontano, nos distritos de Bragança e Vila Real. Durante esta experiencia inmersiva e grazas aos rexistros gráficos e aud [...]
O xoves 16 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), terá lugar a inauguración da exposición e presentación do libro - catálogo “Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” de Siro López. “Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” é unha exposición didáctica, pensada para todos os públicos e coa que a Fundación Carlos Casares quere achegarnos aos distintos aspectos do humor e da retranca galega, fenómeno humano de seu e da cultura, así como, ao mesmo te [...]
A asociación cultural O Facho, convidavos as próximas palestras en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña): Martes 14 de novembro, ás 20 horas: Adela Figueroa Panisse falará sobre Literatura e educación ambiental e presentación do libro "Gotas: o ciclo da água explicado para crianças", Premio de Teatro O Facho 2018" Martes 21 de novembro, ás 20 horas: Alberte Blanco Casal, falará de Xeopolítica, pandemia e postcapitalismo.
O xoves 9 de novembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, que falará sobre o papel que xogaron os astros na arte antiga e medieval. A charla apoiarase na proxección de máis un centenar de obras de arte, que tentan mostrar a importancia que tiveron os mitos e lendas dos astros nas antigas culturas e no cristianismo. Esta actividade está enmarcada no "Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte".E [...]