Actualidade


O xoves 25 de xaneiro, ás 20 horas continuaremos a proxectar en Portas Ártabras un documental arredor de Irlanda, un país celta. Nos modernistas anos 20 a intelectualidade galega, recollendo presupostos románticos seguiu a mirarse no espello ético e estético de Irlanda, un confín radicado nunha tradición celta e cristián, como Galiza, Escocia, Bretaña, Gales, Cornualles.... Esta serie de documentais, con datos arqueolóxicos, históricos, culturais.... introducidos por Felipe-Senén trantan de segu [...]

O xoves 18 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a proxección dun documental arredor de Irlanda, un país celta. Nos modernistas anos 20 a intelectualidade galega, recollendo presupostos románticos seguiu a mirarse no espello ético e estético de Iranda, un confín radicado nunha tradición celta e cristián, como Galiza, Escocia, Bretaña, Gales, Cornualles.... Esta serie de documentais, con datos arqueolóxicos, históricos, culturais.... introducidos por Felipe-Senén trantan de seguir [...]

Desde a Agrupación Cultural O`Facho  vos comunicamos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2024. O vindeiro dia 16 de xaneiro o arqueólogo, historiador e museólogo Felipe Senén López impartirá unha palestra sobre: “O MUSEO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA CARLOS MASIDE: ESTADO DA CUESTIÓN”. Data: 16 de xaneiro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga, 22, baixo. Cidade Vella - A Coruña Felipe Senén, historiador da cultur [...]

O xoves 11 de xaneiro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, que falará sobre os distintos procedementos utilizados para medir o paso do tempo e do permanente intento das relixións para poñer o tempo ao servizo dos seus deuses. A charla apoiarase na proxección dun centenar de obras de arte.Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte”.Entrada libre ata completar af [...]

O xoves 21 de decembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a tradicional despedida do ano. Ocasión para o encontro, para a celebración, onde expresar desexos de agradecemento, saúde, paz e ben a todo iste noso mundo. Máis aínda a quen confiou en nós e nos dedicaron o seu tempo e mesmo ilusión propagando humanismo e ao longo do ano adentrándonos polo universo Galiza, mesmo polo mapamundi para coñecer e querer o milagre da vida. Momentos para escoitar propostas futuras de actividades, comp [...]

O vindeiro martes 19 de decembro a Agrupación Cultural O Facho celebrará o seu 60 aniversario (1963-2023), acto para o cal contará coa presenza de: ·         Xulio L. Valcárcel, poeta e ex-presidente d’O Facho. ·         Manuel Lourenzo, dramaturgo e fundador do Grupo de Teatro d’O Facho. ·         Miro Casabella, músico, compositor e estudoso da música [...]

O domingo 17 terá lugar una nova xeira da serie "Coñecer Galicia", a derradeira do ano 2023 e que levará aos asistentes ao universo literario da Ría de Arousa: dende as Terras de Valga e o mundo da Bella Otero, pasando polas Torres do Oeste e Catoira, ao Rianxo de Castelao, Dieste e Paio Gómez Chariño... Un mar de arqueoloxías, de historias, de contos, lendas e poesías, entre castros, arquitecturas, esculturas, espazos de contrastes onde, entre luces e sombras se terá presente tamén a Valle Incl [...]

Xeira da tarde do sábado 16 de decembro, de 16 a 20 horas que nos levará dende A Coruña ao Pazo de Mariñán, con visita tanto do interior como dos xardíns de tan singular enclave. Recorrido no que se analizará a historia do pazo, con orixes que se perden na fidalguia das Mariñas, trunfando no Barroco... Análise do continente e dos contidos artisticos que atesoura este conxunto, así como as particularidades do xardín, horta, bosque... as funcións, a rehabilitación e revitalización desta representa [...]

O venres 15 de decembro, ás 19:30 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga , 22 - A Coruña) o encontro literario - artístico “Café com Português”, un espazo dedicado a literatura en galego-portugués, promovendo encontros con escritoras/escritores e artistas en xeral para celebrar a coraxe e a singularidade das voces que contribúen para a grandeza da nosa lingua. Estará connosco as escritoras Iolanda Aldrei (Galiza), Célia Evaristo (Portugal), Inma Doval (Galiza), Katia Marchese (Brasil), K [...]