Actualidade


O xoves 10 de setembro, ás 20.00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo "Paganismo e Cristianismo na arte". Nesta ocasión, José Luis García Dornelas falará, apoiándose en máis dun centenar de imaxes, sobre "O TRIBUTO SACRO", é dicir, os agasallos e sacrificios cos que os seres humanos trataron de gañar o favor das divindades, desde os deuses sumerios, ata san Benitiño. Entrada libre ata completar aforamento. Figuras votivas sumerias que se conservan nos museos de Chicago, Bagh [...]

O mércores 9 de setembro ás 20:00 terá lugar en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22 - A Coruña) a presentación do número 18 de NOVA ARDENTÍA, a Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial editada por Culturmar. No acto de presentación intervirán: Emilio X. Ínsua (Coordinador da revista) Manuel Lara (Consello de redacción) Xaquín Lores (Consello de redacción) Entrada libre ata completar aforamento. A revista naceu en xullo de 2004, inicialmente co nome de Ardentía, baixo a dirección de Luís Rei Nú [...]

O xoves 3 de setembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras un acto organizado polo Ateneo Republicano de Galicia no que se presentará o libro do Maxistrado emérito do Tribunal Supremo, José Antonio Martín Pallín: “VISTO PARA SENTENCIA. Jueces e ideología en la Justicia española” . No acto participarán: José Antonio Martín Pallín: Autor do libro / Maxistrado emérito do Tribunal Supremo Francisco Caamaño Domínguez: Catedrático Dereito Constitucional (UDC) Pablo Arangüena: Avogado / Exdi [...]

Para o vimdeiro domingo 30 de agosto, continuando co noso programa de itinerarios e xeiras deseñadas para fuxir dos circuítos convencionais e achegarnos ao verdadeiro latexar do noso patrimonio cultural, propoñémosvos esta fascinante viaxe polo corazón da provincia de Pontevedra. Unha ruta que enlaza a fonda tradición termal e etnográfica de Cuntis, Moraña, patria de arrieiros, paisaxe ancestral... centrándonos no parque arqueolóxico de Campo Lameiro e o seu centro de interpretación . Achegament [...]

O domingo 9 de agosto terá lugar esta xeira, cavilada para fuxir da urbe e do tempo caluroso de verán. Cun itinerario que nos levará hacia o interior da provincia de Pontevedra; terras montesías de Soutomaior, a Lama, Fornelos de Montes , Xende... Antigos camiños de arrieiros e gandeiros que unían a beiramar pontevedresa, a través dos Montes do Suido e do Faro de Avión, cos ribeiros ourensáns. Terras de importante e significativa emigración a Brasil, con puntos de relevante interese arqueolóxico [...]

O xoves 30 de xullo ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22 - A Coruña) unha moi interesante conferencia pronunciada por Pablo Pelluz, pintor, escultor, Doutor en Belas Artes pola UCM e profesor da Universidade Adema-UIB (Mallorca), titulada "O SILENCIO ROTO DO PINTOR CORUÑÉS FRANCISCO TORRÓN". Francisco Torrón Durán (A Coruña,1934 – Madrid, 2020). Na súa maioría de idade decidiu realizar Belas Artes na Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid (1952). Tempada qu [...]

O domingo 26 de xullo terá lugar esta xeira que nos levará a Piornedo dos Ancares, entre outros puntos de interese biolóxico e etnográfico de tan significativa serra, repartida entre Asturias, León e a Galiza. Deténdonos en Navia de Suarna, de seguido nos dirixiremos a Piornedo, onde visitaremos tan característica aldea, as súas pallozas, pervivencia etnoarqueolóxica castrexa. Punto no que teremos o máis enxebre xantar montañés. Continuará o noso itinerario cara terras de Cervantes e Castelo de [...]

O xoves 16 de xullo ás 20 horas, Pilar Pallarés presenta en Portas Ártabras a súa nova publicación, Unha escriba, editada por Chan da Pólvora onde reúne o conxunto da súa poesía, incluída a dispersa. O acto contará coa introdución de Miguel Mato, que se adentrará na espiral envolvente da poesía de Pallarés, unha das voces capitais da literatura galega actual. “A vida só é máis vida / se o pensamento vén e se dá en éxtase”, escribe xa ao final do libro nunha caste de principio de vida que culmina [...]

Está aberta a inscripción a esta xeira excepcional, a que terá lugar o domingo 28 de xuño e que nos levará ás terras asturianas de Grandas de Salime.. Trátase dunha excursión cultural diferente polas terras de Castroverde, a Fonsagrada… e os bordos dos Oscos nos meterá en Grandas de Salime, a fin de coñecer intensivamente o seu Museo Etnográfico, referente entre este tipo de centros, obra do saber e a constancia do entrañable “Pepe el Ferreiro”, que foi gran amigo do noso colectivo, modelo na re [...]

O xoves 25 de xuño ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha conferencia pronunciada polo Historiador da Cultura Galega, Felipe -Senén arredor do "A CELEBRACIÓN DO SAN XOÁN EN GALICIA: A CONVERXENCIA DOS 4 ELEMENTOS". Se trata de furar nas orixes, na orixinalidade da aura que cobre a singular festa no Vello Mundo e máis nesta súa estremeira occidental, a noite do solsticio de verán, a metade do ano, cristianizada polo San Xoán. Encontro de fondo carácter agrario, pagán, onde os Catro Elemen [...]