Está aberto o prazo de inscripción para esta nova excursión cultural, que o domingo 31 de maio nos levará ÁS MÉDULAS e ao seu entorno arqueolóxico. Amplo itinerario de ida e volta seguindo o Sil ao seu paso polo Monterfurado e polas terras de Valdeorras e mesmo pola Cabreira, para redondealo polo Bierzo de Vilafranca. Viaxe onde se fai imprescindible coñecer, contar e ver espazos que tiveron como protagonistas, hai dous mil anos, a miles de esclavos e como o cristianismo propagaba unha nova reli [...]
O xoves 28 de maio ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia pronunciada por José Carlos Alonso (cronista gráfico da Coruña e creador do proxecto “Flujos”), titulada: "GERMÁN CRUZ, FOTÓGRAFO, CORUÑA 60s E 70s" Germán Cruz naceu na pequena aldea de Braña ao lado da Granxa Agrícola (Monelos). Todo ese mundo desapareceu nos anos 60 e 70. Gustoulle a fotografía e fotografar a vida da súa familia pola cidade co que, por esa razón, atopámonos cunha reportaxe da cidade e a súa con [...]
Nun concorrido acto en Portas Ártabras, Amigas e Amigos dos Museos de Galicia (QUE DENDE HOXE TOMAN ESTE NOME INCLUSIVO) celebraron o tradicional acto do Día dos Museos, consistente nun repaso feito polo museólogo Felipe-Senén sobre o Estado da Cuestión dos Museos de Galicia, os que entende, en xeral, faltos de espazo e de persoal cualificado para atender aos seus fins, os que os diferencian e significan, "non a toda colección se pode chamar museo", matizou. Insistiu na función de acopio, cando [...]
O xoves 21 de maio, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22 - A Coruña) a conferencia da xornalista e arqueóloga Nieves García Centeno que presentará "ARSÍNOE, REINA DE ALEJANDRÍA". Nieves García Centeno, reside na Coruña, é xornalista, e traballou en cabeceiras como La Voz de Galicia (correspondente en Costa da Morte); no Ideal Gallego, e na Cadena Ser-Radio Coruña (Radio Nordés) e Punto Radio (Costa da Morte), alén de en distintas axencias e consultorías. Tamén é historiado [...]
O dia 19 de maio o profesor e escritor Ramón Nicolás Rodríguez falará sobre: “Begoña Caamaño. Biografía, literatura e xornalismo. Acto organizado pola Agrupación cultural O Facho, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas dedicado á escritora viguesa Begoña Caamaño. Data: 19 de maio, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Ramón Nicolás Rodríguez exerce a docencia no IES Castelao (O Calvario-Vig [...]
Este luns 18 de maio Día Internacional dos Museos, ás 20 horas en Portas Ártabras teremos un acto no que reflexionaremos sobre o papel dos museos hoxe, fronte á idea confusa de que a calquera exposición ou reunión de cousas se lle chama museo. Acto guiado por Felipe-Senén e ao final do que, como noutras ocasións darase a coñecer o PREMIO PEDRA DO DESTINO 2026, como sempre dedicado a aquelas persoas colectivos ou museos preocupados na salvagarda e difusión do patrimnio cultural de Galicia. Dende [...]
O xoves 14 de maio, ás 20:00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo "Paganismo e Cristianismo na arte". Nesta ocasión, José Luis García Dornelas falará, apoiándose en máis dun centenar de imaxes, sobre o medicina máxica, a espiritual e a racionalista, e de como estes tipos de medicinas conviviron ao longo dos séculos. Entrada libre ata completar aforamento. "Home Ferido" , un diagrama médico do século XV utilizado para mostrar diversos tipos de feridas e lesións. Imaxe da Anat [...]
Xeira para o domingo 10 de maio que nos levará, seguindo o río Masma por terras de Alfoz, as do celebre señor medieval Pardo de Cela, para seguir cara San Martiño de Mondoñedo e furar na historia do bispo Gonzalo, que afundiu barcos viquingos coa simple mirada... Era iste o Convento Máximo, unha das colectividades cristiáns máis antigas da península Ibérica, a que recibiu ao Maeloc bretón... Continúa o Itinerario pola beiramar de Foz e os seus castros, Burela, as factorias de Sargadelos, as ruin [...]
O xoves 7 de maio ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga 22 - baixo) un repaso das "VIAXES ARQUEOLÓXICAS E ANECDÓTICAS POR 52 PAÍSES DE 4 CONTINENTES" realizadas polo arqueólogo, investigador e escritor Pablo Novoa Álvarez. Actividade subvencionada por:
O xoves 30 de abril ás 20 horas, o historiador e xornalista, Santiago del Valle Chousa; acompañado por Javier Alonso Iñarra, membro da Xunta Directiva e responsable de expedicións da Sociedad Geografica Española, presentarán en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22 - baixo) o proxecto HATUN VILCABAMBA ES, que culmina tres décadas de investigación e exploracións no Perú para identificar e poñer en valor a capital sagrada perdida dos últimos reis Incas, Hatun Vilcabamba, coñecida polos españois como V [...]