Actualidade


O xoves 27 de febreiro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha moi interesante conferencia da expresidenta da Fundación Risco, Celia Pereira Porto titulada: "PÓR A ALMA ONDE POMOS OS PÉS: O LEGADO DE VICENTE RISCO" Celia falará da custodia do legado de Vicente Risco e da súa familia en Allariz, da súa importancia e tamén do descoñecemento que hai respecto da vida e da obra, 62 anos despois da súa morte. É moito máis, o que se ignora que o que se coñece. Paga a pena (e máis nestes tempos n [...]

Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2025. O vindeiro dia 25 de febreiro, a escritora e académica Marilar Aleixandre impartirá unha palestra co título: Concha Arenal: a muller afouta Data: 25 de febreiro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Concha –ela asinaba deste modo– Arenal foi unha das catro pensadoras galegas do [...]

A destrución deses símbolos da identidade galega que son os cruceiros Por Felipe-Senén Cruceiros e hórreos, ambos cunha fonda significación cultural e mesmo relixiosa, son dous dos enxebres tópicos, iconas que identifican Galiza no mapamundi. Algo a ter moi en conta na era da imaxe, e máis dende os poderes públicos, a fin de aplicar sensibilidade e leis que os protexan e dignifiquen Si, alarmante titular o de arriba e puidera selo máis. Os fenómenos meteorolóxicos, o vandalismo, efecto con causa [...]

A espera de publicar as actividades do ano 2025, xa vos podedes inscribir nesta xeira que nos levará por Terras do Carballiño, e Boborás, o Ribeiro das Mimosas, con visita especial ao Castro de San Cibrán das Las, o seu museo, as escavacións arqueolóxicas, para seguir por Astureses, Xurenzás e Castro de Cameixa... entre outros puntos célebres polos seus igrexarios, etnografía, etc... E coma sempre non faltará o xantar enxebre. Dadas as circunstancias actuais é de gran axuda e realizar a reserva [...]

O xoves 20 de febreiro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga 22, A Coruña) terá lugar unha conferencia impartida polo arqueólogo Tito Concheiro Coello titulada: "A SINGULARIDADE DA CULTURA CASTREXA: CELTAS E GALAICOS". Unha das cuestións que suscita máis debate na arqueoloxía galega é a identificación dos castros prerromanos cos celtas: os asentamentos, os artefactos, entre eles a sorprendente ourivería, torques e arracadas, as descricións das súas costumbres fan da cultura castrexa algo sin [...]

O xoves 13 de febreiro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, na que comentará a visión bíblica do establecemento do pobo de Israel na Terra prometida e de como estes acontecementos reflectíronse na arte. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura. Actividade enmarcada no ciclo cristianismo e paganismo na arte. Entrada libre ata completar aforo. Biblia de [...]

O xoves 6 de febreiro, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar a conferencia impartida por Carmen García-Rodeja (Asociación Pola Memoria Histórica) e Luis Pérez (Catedrático de Literatura e avogado), titulada: "OS DEPORTADOS CORUÑESES AOS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN NAZIS. O CASO DO INTELECTUAL JUAN GONZÁLEZ DEL VALLE". Juan González del Valle González de la Vega, nado na Coruña o 14 de outubro de 1898, escritor e activo político republicano galego, colaborador da revista Alfar, elexido académico [...]

Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2025. O vindeiro dia 4 de febreiro o arqueólogo e investigador Antón Fernández Malde, impartirá unha palestra co título: RUTAS DE PODER: CAMIÑOS ANTIGOS E ORGANIZACIÓN DO TERRITORIO. Data: 4 de febreiro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Contido da palestra:  Os cambios do poder vanse [...]

O luns 3 de febreiro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a proxección de un audiovisual, comentado polo historiador da cultura galega Felipe Senén, e posterior debate arredor da Festa da Candeloria e o Imbolc céltico no que se festexa o fin do inverno. Primeiros días de febreiro dedicados en Irlanda a Santa Bríxida, cristianización da divindade céltica Brig, quizais en relación con Brigantia e tantos sitios de raiz "brig" existentes en Galicia, onde ademais neste tempo se cumpren as litur [...]

Amais de poder descargar o novo programa baixo estas líneas, no apartado ACTIVIDADES tamén atoparás a proposta para o ano 2025. Iso si, como sempre, dentro desa maxia de envolverse na cultura dos pobos que é aproveitar ao máximo días, horas, enxergando todo (enxergar é sentir e sumar canta información sexa posible). Programa Actividades 2025 Amigos dos Museos de Galicia Descarga