Actualidade


O xoves 30 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a lectura dramatizada a cargo dos actores de teatro Casahamlet e Studio XXI de "BAIXO O BOSQUE DE LEITE" de Dylan Thomas. Baixo o bosque de leite é a derradeira obra de Dylan Thomas, e se cadra a máis famosa. A descrición cunha linguaxe exuberante dunha vila costeira de gales, con momentos ás veces solemnes, outros de comedia aloucada e sempre cunha ollada amable sobre os habitantes, vivos e mortos, de Llareggub, contén elementos u [...]

O xoves 23 de xaneiro, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a conferencia impartida polo investigador, e divulgador da historia e do patrimonio galego, Xosé Troiano , que presentará unha pequena escolma arredor das campás en Galicia facendo especial fincapé nas campás da cidade da Coruña. Descrición delas, porqué, cando e cómo se fan.  Tamén se falará dos mestres fundidores na nosa terra e rematamos cun video explicativo de 5 minutos de como se elaboran. Entrada lib [...]

Desde a Agrupación Cultural O Facho  comunicamos-vos a celebración  do seguinte acto:   O vindeiro dia 17 de xaneiro se presentará o poemario “A voz das anemones”, gañador do Concurso de Poesía O Facho 2024 Data: 17 de xaneiro, venres Hora: ás 8 do seránLugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña

O xoves 16 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras un acto divulgativo, documental sobre o creador de formas Isaac Díaz Pardo, introducido por Felipe Senén. Un xeito de abrir este ano 2025, no que o "Día das Artes Galegas" (1 de abril) estará dedicado a este xenial artista e difusor da Arte Galega. Entrada libre ata completar aforo Isaac Díaz Pardo, (1920 Compostela- 2012 Coruña) fillo do escenógrafo Camilo Díaz Baliño viviu fondamente os anos e liberdades da república e da guerra [...]

Dende o día 20 de decembro de 2024 que tivo lugar o recital multidisciplinar do GRUPO OURIOL: “DE AMOR E MORTE”, con poemas de vari@s autor@s celebrando 20 anos de Poesía, Música e Pintura, pode visitarse a exposición de Alfonso Costa en Portas Ártabras. A exposición pode visitarse até febreiro do 2025. Actividade subvencionada por:

O xoves 9 de xaneiro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, na que analizará as influencias mesopotámicas do relato de Noé e o Diluvio, e de como estas reflectíronse na arte. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura. Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte” Entrada libre ata completar aforo. Ilustración dun manuscrito m [...]

O venres 20 de decembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga 22 - A Coruña) o recital multidisciplinar do GRUPO OURIOL: "DE AMOR E MORTE", con poemas de vari@s autor@s celebrando 20 anos de Poesía, Música e Pintura. Música: Bernardo Martínez e Fito Ares / Imaxe: Alfonso Costa / Recitación: Eva Veiga Celebraremos tamén coa xentileza de Queixo Bama e Adega A Corga. Entrada libre ata completar aforo.

O xoves 19 de decembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a tradicional despedida do ano. Ocasión para o encontro, para a celebración, onde expresar desexos de agradecemento, saúde, paz e ben a todo iste noso mundo. Máis aínda a quen confiou en nós e nos dedicaron o seu tempo e mesmo ilusión propagando humanismo e ao longo do ano adentrándonos polo universo Galiza, mesmo polo mapamundi para coñecer e querer o milagre da vida. Momentos para escoitar propostas futuras de actividades, comp [...]

O martes 17 de decembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) Alberto Valín Fernández presenta: "MASONERÍA Y CONSPIRACIÓN LIBERAL EN ESPAÑA. A CORUÑA,UN EJEMPLO PRIMORDIAL Y PARADIGMÁTICO" O acto, amais do autor contará coa participación de: Xurxo Lobato e Felipe - Senén. "Masonería y conspiración liberal en España es una obra que refleja, paradigmáticamente y partiendo del arquetípico ejemplo coruñés, cómo se desarrolló históricamente la masonería española desde su nacimient [...]

Xeira de fin de ano a esa encrucilalada entre o ribeiro do Avia e o do Arentiro, concellos do Carballiño, Leiro, Ribadavia, Carballeda de Avia e Avión... as paisaxes pedregosas máis sorpendentes de Galicia, con importantes vestixios e refuxio de toda época: dende a máis remota prehistoria até un medievo de castelos, templos e comunidades románicas: Beade, Berán, San Clodio, Lamas, Serantes, Moimenta... e o xantar enxebre para este tempo de outono que abre ao Nadal. Estás a tempo de anotarte en P [...]