Actualidade


O mércores 11 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación do libro de Perfecto López-Nóvoa Rey titulado: "MEMORIAS DEL CAPITÁN PERFECTO. MI CUADERNO DE BITÁCORA". Editado por Medulia. O acto contará amais do autor con Xulio López Valcarcel (escritor e editor). "Perfecto López-Nóvoa Rey naceu na Coruña o 14 de Abril de 1947, bo día e boa colleita. Estudou na Escola Náutica da Coruña, onde saíu Piloto de 2ª Clase en 1972 e realizou o exame de Capitán de Iate en Madrid na DGMM [...]

Xeira que nos adentrará nas veciñas terras asturianas de Navia, a fin de coñecer non somentes aspectos da súa Arqueoloxía, Historia, Arte, tradicións do mar, gastronomía… Tamén o seu exemplar xeito de xestión do patrimonio cultural como recursos identitarios e turísticos. Visita especial ao Castro de Coaña e o seu centro de interpretación, as vilas de Navia e Porto de Vega, carcterizadas polas súas sorprendentes mansións de indianos e pola potenciación mus [...]

O xoves 5 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a palestra titulada: Isaac Díaz Pardo, custodio infatigable da Memoria, pronunciada polo escritor, investigador e colaborador de Isaac; Xosé Ramón Fandiño. Nesta intervención iremos vendo os primeiros 16 anos da vida de Isaac ao carón de seu pai, o escenógrafo Camilo Díaz Baliño, na casa da Tumbona de Santiago. Veremos tamén os seus diversos emprendementos como pintor, ceramista, emigrante, ideólogo e creador cultural. E sempre co seu [...]

O mércores 4 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar o acto "AMARO, O SANTO NAVEGANTE QUE ATOPOU A ILLA DO PARAÍSO", celebrando o CENTENARIO DA PUBLICACIÓN DA SÚA LENDA, POR UXÍO CARRÉ, NA REVISTA NÓS. Acto organizado por IN NAVE CIVITAS que estará encamiñado polo polifacético (acordeonista, cantante, divulgador cultural, escritor, locutor...) e sempre amigo desta casa, XURXO SOUTO. En 1925, no número 19 da Revista Nós, Uxío Carré publicou "A lênda de San Amaro, o pelengrino", que rec [...]

Desde a Agrupación Cultural O Facho  vos comunicamos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do segundo trimestre de 2025. O vindeiro día 27 de Maio, o animador sociocultural, activista e escritor Francisco Ascón Belver impartirá unha palestra co título:  A Coruña, 1901: un retrato a chumbo e sangue. Data: 27 de Maio, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Francisco Ascón Belver é Experto [...]

O 18 de maio, "Día dos Museos", no espazo de cultura “PORTAS ÁRTABRAS”, Amigos dos Museos de Galicia colectivo pioneiro en Galicia, deu a coñecer o PREMIO PEDRA DO DESTINO que neste ano estimaron conceder ao Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela, pola súa necesidade de ser, constancia e saber nos fíns e na profesionalización destas insitucións. O premio nesta ocasión consistirá na doazón dun gran cartel de cego, orixinal, dos primeiros anos do sc. XX, rescatado no mercado de antiguidade [...]

Podes anotarte a esta intensiva excursión cultural que nos levará ao Sur da provincia de Ourense.  Estrada bordando a Vía Nova ou XIX, a que unía Astúrica con Brácara, pasando por Bande… seguindo pola igrexa visigótica de Santa Comba, Entrimo coa súa sorprendente Colexiata barroca…. bordeando a serra do Soajo, o encoro e a aldea de Lindoso cos seus espigueiros, o máis extenso grupo de cabaceiros... e  sobre deles o Castelo e a súa historia relacionada co Rei Dinis. Antolóxico paseo polos máis re [...]

O xoves 22 de maio, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a conferencia titulada "ESGRAFIADO GALEGO: UN MUSEO AO AIRE LIBRE". Da man da escritora, investigadora e fotógrafa Mar López Sotelo faremos un percorrido polos lugares onde se atopa a máis grande concentración de edificacións decoradas con formas antropomorfas, zoomorfas, vexetais, historiadas... e que forman ise museo, non intencionado, ao aire libre. Entrada libre ata completar aforo. Actividade subvencionada por:

Dende a súa instauración no ano 1977 polo Consello Internacional dos Museos (ICOM), Amigos dos Museos de Galicia aproveita tal convocatoria de cada 18 de maio para afirmar os fins do noso colectivo arredor desas institucións que poñen a proba o estado cultural dunha colectividade, os Museos. Institucións culturais empre en devalar, en función da madurez cultural dos pobos e mesmo das novas tecnoloxías, as que deben facilitar un maior acercamento: o museo dos actores fronte ao museo dos espectado [...]