Actualidade


O domingo 27 de xullo realizaremos esta xeira que nos levará á cidade de Pontevedra, onde faremos unha especial visita ao seu Museo, institución, sobranceira na Galiza, con impresionantes coleccións de arqueoloxía, pintura e escultura, ademais da maior parte da obra orixinal de Castelao. Recorrido que supón un paseo pola Historia da Cultura Galega. Visita á cidade do Lérez que complementremos coa do Pazo de Lourizán, mansión de sensibilidade romántica, arquitectura de Jenaro de la Fuente Domíngu [...]

O xoves 24 de xullo ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a conferencia pronunciada por José Carlos Alonso (cronista gráfico da Coruña e creador do proxecto "Flujos"), titulada: "CHIMENEAS DE CORUÑA" que xirará arredor dunha das súas últimas publicacións: "Chimeneas, vida y muerte en Coruña". Desde que a humanidade controlou a maneira de facer lume sentiu a necesidade de protexelo. Parella foi a necesidade de desprenderse dos seus fumes, o que definiu a forma dos seus primeiros fogares. A s [...]

O xoves 17 de xullo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras un acto que xirará arredor da poeta Luz Pozo Garza, titulado: "ECOS DA HERDANZA CÉLTICA GALICIA E IRLANDA: VIAXE POÉTICA NAS ARPAS DE IWERDDON DE LUZ POZO GARZA" No acto participarán: Olivia Rodríguez González, Mónica Vázquez (O'Reilly), Xoán Piñón e Fran Castro. Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo o 21 de xullo de 1922 e finada na Coruña o 20 de abril de 2020, foi unha escritora, crítica literaria e poeta galega, unha das máis destacada [...]

O xoves 26 de xuño, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a conferencia pronunciada por Olivia Rodríguez titulada: "O TEMA DO LOBO E OUTROS SERES EN VICENTE RISCO" Olivia Rodríguez González (Teoría da literatura e Literatura comparada. Universidade da Coruña) é especialista en Vicente Risco, sobre o que publica traballos desde 1981 como os libros Estética e teoría da cultura en Vicente Risco (2001) e a edición crítica en 2016 de O porco de pé (2016), ambos na Editorial Galaxia. O mundo anima [...]

Ollo esta xeira a Ferrol cambia a data establecida no programa anual (sábado 21) pasando a realizarse o domingo 22 de xuño. Xornada que dedicaremos a coñecer integralmente esta cidade nacida do mar como previliexiado porto para a Armada pola súa situación xeoestratéxica, ademais punto de saída do Camiño Ingles a Compostela.. Coñeceremos os seus museos navais, a máis da cidade, seus templos.... cun amplo recorrido polos arredores e a riqueza histórica e cultural da ría: O Chamorro, Lagoa de Doniñ [...]

O xoves 19 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras teremos un "Faladoiro arredor das cantareiras e a tradición oral" da man de Olga Kirk que leva máis de 30 anos dedicada ao traballo de investigación etnógrafica de campo sobre a música e o baile tradicionais, e desde aquela se dedica profesionalmente ao seu ensino, amais toca a pandeireta e outras percusións de man, tamboril e bombo, acordeón diatónico e por suposto, é cantante. Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, que en 2025 se [...]

O mércores 18 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación do libro "Escultor y proyectista José Otero Gorrita. Entre Santiago de Compostela y Viveiro" de José Luis Otero González. No acto amais o autor participarán: Francisco Javier Martínez Prieto, José Veiga Golpe e Felipe - Senén López Gómez. "Transcorridos 7 anos desde que naquel 30 de xuño do ano 2017 no que con ocasión dunha visita á localidade coruñesa de Noia e en concreto á igrexa dos Pais Franciscanos, atopeime cu [...]

O martes 17 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras, o estudio de Teatro Casahamlet representa o traballo “Neste feble tempo de frautistas”, unha obra grupal baseada en textos de diferentes autores: Fernando de Rojas, Álvaro Cunqueiro, Ángel González, Manuel Lourenzo, Fernando Castro, W. Shakespeare e B. Brech.Trátase do traballo realizado polos alumnos ao longo do curso, coa dramaturxia e dirección de Santiago Fernández. Entrada libre ata completar aforamento. O Estudio de Teatro Casahamlet foi [...]

O vindeiro martes 17 de xuño, ás 19.30 h, o local do Circo de Artesáns acollerá un acto de homenaxe a José-María Monterroso Devesa, organizado por amizades persoais e diversas entidades culturais da cidade: A.C. Alexandre Bóveda, Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, Circo de Artesáns e A.C. O Facho. Escritor, poeta, articulista e activista cultural, Monterroso destaca polo seu labor na recuperación da memoria histórica e na divulgación do patrimonio galego. Foi presidente da A.C. O Facho [...]

O xoves 12 de xuño, ás 20:00 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, na que se abordarán os conflitos que xurdiron para facer compatible ao violento Yahveh dos textos xudeus co Deus bondadoso dos evanxeos, e de como eses problemas reflectíronse na arte. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura. Entrada libre ata completar aforo. Lapidación de San Esteban (Museo [...]