Categoría: Outras actividades


O venres 14 de marzo, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación de de "Prefiro condenarme", a antoloxía poética de Margarita Ledo Andión que editou Chan da Pólvora. O acto, contará coa presenza da autora xunto a Eva Veiga, que escribiu a introdución ao volume. Canda elas estará o director de Chan da Pólvora, Antón Lopo. Margarita Ledo Andión percorre as arestas da súa poética en Prefiro condenarme, título que coincide co do seu último documental e que inclúe pezas inéditas, como o [...]

Moi da nosa estima: Pola presente informamos que de acordo co Artigo 19º dos Estatutos da nosa entidade e como asociad@ de Amigos dos Museos de Galicia queda convocad@ á: ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA que se desenvolverá o xoves, día 6 de marzo de 2025, ás 19,30 horas en primeira convocatoria e ás 20,00 horas en segunda e última no noso espazo de cultura “Portas Ártabras”, na rúa Sinagoga - 22. A Asemblea desenvolverase segundo a seguinte Orde do día: Lectura e aprobac [...]

Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2025. O vindeiro dia 25 de febreiro, a escritora e académica Marilar Aleixandre impartirá unha palestra co título: Concha Arenal: a muller afouta Data: 25 de febreiro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Concha –ela asinaba deste modo– Arenal foi unha das catro pensadoras galegas do [...]

Amais de poder descargar o novo programa baixo estas líneas, no apartado ACTIVIDADES tamén atoparás a proposta para o ano 2025. Iso si, como sempre, dentro desa maxia de envolverse na cultura dos pobos que é aproveitar ao máximo días, horas, enxergando todo (enxergar é sentir e sumar canta información sexa posible). Programa Actividades 2025 Amigos dos Museos de Galicia Descarga

O xoves 30 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a lectura dramatizada a cargo dos actores de teatro Casahamlet e Studio XXI de "BAIXO O BOSQUE DE LEITE" de Dylan Thomas. Baixo o bosque de leite é a derradeira obra de Dylan Thomas, e se cadra a máis famosa. A descrición cunha linguaxe exuberante dunha vila costeira de gales, con momentos ás veces solemnes, outros de comedia aloucada e sempre cunha ollada amable sobre os habitantes, vivos e mortos, de Llareggub, contén elementos u [...]

Desde a Agrupación Cultural O Facho  comunicamos-vos a celebración  do seguinte acto:   O vindeiro dia 17 de xaneiro se presentará o poemario “A voz das anemones”, gañador do Concurso de Poesía O Facho 2024 Data: 17 de xaneiro, venres Hora: ás 8 do seránLugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña

O venres 20 de decembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga 22 - A Coruña) o recital multidisciplinar do GRUPO OURIOL: "DE AMOR E MORTE", con poemas de vari@s autor@s celebrando 20 anos de Poesía, Música e Pintura. Música: Bernardo Martínez e Fito Ares / Imaxe: Alfonso Costa / Recitación: Eva Veiga Celebraremos tamén coa xentileza de Queixo Bama e Adega A Corga. Entrada libre ata completar aforo.

O xoves 19 de decembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a tradicional despedida do ano. Ocasión para o encontro, para a celebración, onde expresar desexos de agradecemento, saúde, paz e ben a todo iste noso mundo. Máis aínda a quen confiou en nós e nos dedicaron o seu tempo e mesmo ilusión propagando humanismo e ao longo do ano adentrándonos polo universo Galiza, mesmo polo mapamundi para coñecer e querer o milagre da vida. Momentos para escoitar propostas futuras de actividades, comp [...]

O martes 17 de decembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) Alberto Valín Fernández presenta: "MASONERÍA Y CONSPIRACIÓN LIBERAL EN ESPAÑA. A CORUÑA,UN EJEMPLO PRIMORDIAL Y PARADIGMÁTICO" O acto, amais do autor contará coa participación de: Xurxo Lobato e Felipe - Senén. "Masonería y conspiración liberal en España es una obra que refleja, paradigmáticamente y partiendo del arquetípico ejemplo coruñés, cómo se desarrolló históricamente la masonería española desde su nacimient [...]

O venres 13 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga 22, - A Coruña) a presentación do libro do pintor e escritor Javier Mareas: "LOS ORÍGENES GAÉLICOS DE TARTESSOS". Amais do autor intervirán no acto Felipe Senén, arqueólogo e escritor e Xurxo Souto, cantante, escritor, actor e director.O libro lanza nova luz a máis dun século de procura das orixes de Tartessos, o primeiro reino mitolóxico peninsular, que ata o de agora se explicaba pola mestura, a finais da idade de bron [...]