Categoría: Outras actividades


Dende a súa instauración no ano 1977 polo Consello Internacional dos Museos (ICOM), Amigos dos Museos de Galicia aproveita tal convocatoria de cada 18 de maio para afirmar os fins do noso colectivo arredor desas institucións que poñen a proba o estado cultural dunha colectividade, os Museos. Institucións culturais empre en devalar, en función da madurez cultural dos pobos e mesmo das novas tecnoloxías, as que deben facilitar un maior acercamento: o museo dos actores fronte ao museo dos espectado [...]

Esta xeira realizarase na tarde tarde dun sábado do mes de maio (saída ás 16 horas), polo que os e as intresadas deberan preanotarse.... e , unha vez que o número se complete, avisarase aos mesmos. Actividade que se dedicará a visitar integralmente o histórico Pazo de Oca (A Estrada) (interior e xardíns). O pazo foi rematado no século XVIII, xunto a unha vella fortaleza medieval. Está composto polo propio pazo, a capela e as vivendas dos traballadores. De estilo barroco pertence actualmente aos [...]

O luns 5 de maio, ás 19 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación de "ELGAR ENCYCLOPEDIA ON GLOBAL MIGRATION: NEW MOBILITIES AND ARTIVISM". Se trata de unna enciclopedia sobre Migracións Globais, con 200 entradas de 200 autores de todo o mundo. Contaremos coa participación de dúas das editoras, Laura Oso e Natalia Ribas-Mateos e algunhas das autoras do libro. https://youtu.be/Y2aF-tsN-SM?si=Z5MD_qNFtxnlEsh4

O sábado 26 de abril ás 19:30 horas, terá lugar en Portas Ártabras a HOMENAXE A TITO CALVIÑO E PRESENTACIÓN DO LIBRO A CULPA FOI DE ZËNZAR, un evento máis que agardado, orquestado por Laura Rabizal e Xose Anton Bocixa. Contaremos coa presenza de: Tito Calviño (fillo), Xurxo Souto, Manuel Silveira (12 Labirinto), Antón Papaqueixos, Xosé Bocixa (Zënzar), Gonzalo Grela (Broa) e Laura Romero (Autora) E é que, aínda que vos pareza que non, o rock e punk de Cerceda e arredores non sería o que é sen a [...]

O xoves 24 de abril ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación de "FEDERICO TAPIA SEGADE (1825 -1891) PRIMEIRO ALCALDE REPUBLICANO DA CORUÑA". O acto contará coa presenza dos seus autores; Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez. A obra recolle, a través da vida de Federico Tapia, unha das etapas máis luminosas da cidade da Coruña no século XIX, co trasfondo da revolución de 1868, o Sexenio Democrático, ou a I República e a posterior Restauración. Un período de importante desenv [...]

O mércores 23 de abril ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro: "AS VELLAS DE MENS" de José Manuel Fernández Pensado, editado por Galaxia. Acompañando ao autor estarán Xosé Manuel Varela, autor do prólogo e docente; Felipe - Senén López Gómez, autor do epílogo, arqueólogo e museólogo; e Xesús Domínguez Dono, director de Produción da Editorial Galaxia. Con motivo da concesión das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificada nas cantareiras, José Manuel Ferná [...]

O xoves 3 de abril ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar a presentación do libro: "CANTOS DE DOR E LIBERDADE" VOCES GALEGAS POR PALESTINA, editado por Tempo Galiza. O acto contará coa participación d@s poetas Eva Veiga, Celso Álvarez Cáccamo, Mario Herrero, Xosé Iglesias, Chisco Fernández Naval, Lois Diéguez... da ilustradora Julia Aguiar e do músico Cesar Morán. Os beneficios deste libro, así como os dereitos de autoría, irán destinados íntegramente ó UNRWA para a axuda humanitaria á poboa [...]

O xoves 27 de marzo, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar o recital poético: O RÍO QUE NOS LEVA de Medos Romero e Eva Veiga, dúas voces do Eume. Tan felices se vos presta acompañarnos nestes recital tan especial para nós as dúas: somos poetas que compartimos o rumor de fondo do Eume e todo o que nace, medra e desaparece nas súas beiras. Dúas poéticas que beben nesas augas, máis que soñan, Unha dende a montaña e a outra dende a mariña. En todo caso, a mesma emoción por compartir con vós os [...]

O sábado 22 de marzo, pola tarde ás 16:30 horas faremos unha visita especializada ao castro de Elviña guiada polo arqueólogo - museólogo Felipe – Senén. Paseo no que nos adentraremos na historia das pescudas arqueolóxicas, como na tradición, nos problemas de pasado e presente de tan singular xacemento arqueolóxico. Análise do asentamento, entendendo as condicións xeoestratéxicas do que poido ser Brigantia, as súas orixes na Idade do Ferro, así como o longo proceso de romanización e relación co p [...]

O mércores 19 de marzo, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a conferencia / presentación do libro: CIUDAD DE LA SELVA (Historia e arqueoloxía da guerrilla nos montes de Casaio). No acto participarán o arqueólogo Francisco Alonso Toucido (Tempos Arqueólogos SL - Universidade de Vigo) e o editor do libro Paco Macías (Edicións Positivas) …E con esta mochila cargada de preguntas comezamos a camiñar os montes de Casaio na procura da Ciudad de la Selva, como guerrilleiros contemporáneos. O proxe [...]