Categoría: Outras actividades


O mércores 11 de decembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro de Yolanda López: PECADO MORTAL. El dardo contra la piedra (O dardo contra a pedra), editado por Nuevos Ekkos Editorial. Acompañarán a autora as escritoras Pura Tejelo e Luz Campelo. Trátase dun poemario social e de xénero. Todo un dardo liberador contra un capitalismo globalizado que deshumaniza á nosa especie. Poesía visual, suxerente, onírica e reivindicativa contra o feminicidio, o ecocidio e as guer [...]

O venres 29 de novembro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación da edición con estudo crítico realizado por Felipe Senén do libro de Vicente Risco: "DOUTRINA E RITUAL DA MOI NOBRE ORDE GALEGA DO SANCTO GRAAL - A ESTRELA DO APOSTOLO" No ano 1914 Vicente Risco asiste en Madrid ao Parsifal de Wagner, opera de inspiración celto-cristiá, que o filósofo, dinamizador, creador de irmandades e seminarios... considera como arte suprema. E velaí a inspiración enredada en fonduras celtas e [...]

O xoves 21 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras, Alex Pernas presenta súa ultima novela: "PASPARTUE". "Esta é a historia dunha obsesión, dunha fixación enfermiza por outra alma, por outro ser ao que perseguirá ao longo dos anos e das vidas." "Un relato atroz no que o renacer está inevitablemente ligado á repetición, e no que os propios froitos da maldición serán os que propicien que o pesadelo nunca teña fin." Alex Pernas desenvolve a súa carreira coma enxeñeiro de software. No ámbito cul [...]

O sábado 9 de novembro, con saída ás 17:00 dende Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), espazo de cultura de Amigos dos Museos realizaremos unha visita guiada por Felipe Senén (arqueólogo - museólogo) a fin de coñecer aspectos arqueolóxicos, históricos, folclóricos ou míticos da Cidade Vella da Coruña, así como singularidades da Casa Museo de María Pita. Pra ter unha previsión de asistentes, compre Anótarse en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de [...]

O xoves 7 de novembro ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a entrega do Premio Pedra do Destino 2024, que o Día itenacional dos Museos, 18 de Maio, se deu a coñecer. Galardón concedido nesta ocasión ao psicólogo e activista cultural José Martínez-Romero Gandós e a súa compañeira Pilar Jeremías, pola súa dedicación entre a emigración a Arxentina a divulgar a cultura de Galicia e o legado da emigración. Premio que consistirá na edición dun libro sobre a obra de Luís Seoane en Bos Aires , edic [...]

O xoves 31 de outubro, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación de "AS HORAS MORTAS" VIAXES E CONVERSAS POR CEMITERIOS GALEGOS de Emma Pedreira, editado por Baía. No acto amais a autora participan Xurxo Souto, Pura Tejelo e Valentín García. Baixo este título reúnese unha antoloxía de cemiterios, camposantos e lugares fúnebres do noso país, ademais dos nosos rituais, crenzas e o corpus mitolóxico que galegas e galegos levamos no adn no tocante á morte. Concibido como unha guía de [...]

Desde a Agrupación Cultural O Facho  vos comunicamos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2024. O vindeiro dia 29 de outubro o profesor e arquitecto Xosé Allegue impartirá unha palestra co título: “GALICIA: TERRITORIO CAPTURADO” Data: 29 de outubro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña GALICIA  : TERRITORIO CAPTURADO           [...]

O mércores 23 de outubro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro de Manuel Miragaia titulado: "A TERRA DO EO - NAVIA. A GALEGUIDADE EN ASTURIAS", editado por Medulia. Amais do autor participarán no acto: Pilar García Negro (ensaísta e profesora da UDC) e Chema Paz Gago (escritor e profesor da UDC)

O sábado 19 de outubro temos programada a visita ao Museo do Pobo Galego, a fin de adentrarnos, guiados por especialistas na cultura material e ideolóxica que identifica a Galicia, así como á Cidade da Cultura, neste caso a fin coñecer a exposción "Unha Vida Viquinga", relacións nórdicas tan en relación con Jacobusland e co medievo galego (Sec IX-XII). Saímos en bus dende o Obelico ás 15:00 ademais faremos parada nas Paxariñas e en Carrefour, máis convén concretar istes aspectos. Regresaremos á [...]