O xoves 23 de outubro ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) a presentación de "CASTELAO ENTRE NÓS" de Paco López Barxas, un libro de luxo, editado por Teófilo edicións. No acto amais deo autor participarán Siro López e Felipe Senén. Coincidindo co 75 aniversario da morte de Castelao, e a declaración institucional de “Ano Castelao”, o escritor e xornalista ourensán Paco López-Barxas ven de publicar un libro singular e único dentro dun estoxo fermosamente editado por [...]
O venres 3 de outubro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártbaras (Sinagoga, 22 - A Coruña) a presentación do libro: "O QUE SE VOLVE RAÍZ / LO QUE SE VUELVE RAÍZ" de Eva Veiga. (Editorial Olifante). No acto amais da autora participarán: Xavier Seoane (poeta e escritor) e Bernardo Martínez (músico). O que se volve raíz / Lo que se vuelve raíz (Olifante), con tradución ao español de Teresa Seara e lapela con texto de Pilar Pallarés, é un poemario que devén de escóita atenta e da perplexidade ante u [...]
O venres 19 de setembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación de "TEMPO DE AMORAS" de Tareixa Roca, editado por Espiral Maior. No acto, amais a autora participarán: Olivia Rodríguez González (Profesora UDC) e Miguel Anxo Fernán Vello (Director de Edicións Espiral Maior) Tempo de Amoras son contos, ao mesmo tempo, independentes -ningún precisa chamar polos outros- e moito cohesos e non apenas porque a escritora posúa unha voz de seu. Esa unidade provén de todos eles remitiren [...]
O xoves 28 de agosto ás 20 horas en Portas Ártabras, proxectaremos un audiovisual arredor da muralla erguida entre os anos 122-132 d.C por orde do emperador romano Hadrián para defender o territorio britano sometido, ao sur da muralla, das belicosas tribos dos pictos que se estendían ao norte da mesma, no que chegaría a ser Escocia.
O xoves 21 de agosto, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro: "GALICIA Y LA SEGUNDA CIRCUNNAVEGACIÓN A LA TIERRA. SIGLO XVI" do profesor e escritor Santiago Juega Puig. O 24 de xullo de 1525, partiu da Coruña a expedición de Loaísa, formada por 450 homes e 7 naves. Ía de segundo de a bordo o piloto maior Juan Sebastián Elcano. A misión era chegar ás illas Molucas para comezar o comercio das especias. As dificultades da navegación provocaron o afundimento dunha das nave [...]
O mércores 18 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación do libro "Escultor y proyectista José Otero Gorrita. Entre Santiago de Compostela y Viveiro" de José Luis Otero González. No acto amais o autor participarán: Francisco Javier Martínez Prieto, José Veiga Golpe e Felipe - Senén López Gómez. "Transcorridos 7 anos desde que naquel 30 de xuño do ano 2017 no que con ocasión dunha visita á localidade coruñesa de Noia e en concreto á igrexa dos Pais Franciscanos, atopeime cu [...]
O martes 17 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras, o estudio de Teatro Casahamlet representa o traballo “Neste feble tempo de frautistas”, unha obra grupal baseada en textos de diferentes autores: Fernando de Rojas, Álvaro Cunqueiro, Ángel González, Manuel Lourenzo, Fernando Castro, W. Shakespeare e B. Brech.Trátase do traballo realizado polos alumnos ao longo do curso, coa dramaturxia e dirección de Santiago Fernández. Entrada libre ata completar aforamento. O Estudio de Teatro Casahamlet foi [...]
O vindeiro martes 17 de xuño, ás 19.30 h, o local do Circo de Artesáns acollerá un acto de homenaxe a José-María Monterroso Devesa, organizado por amizades persoais e diversas entidades culturais da cidade: A.C. Alexandre Bóveda, Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, Circo de Artesáns e A.C. O Facho. Escritor, poeta, articulista e activista cultural, Monterroso destaca polo seu labor na recuperación da memoria histórica e na divulgación do patrimonio galego. Foi presidente da A.C. O Facho [...]
O mércores 11 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación do libro de Perfecto López-Nóvoa Rey titulado: "MEMORIAS DEL CAPITÁN PERFECTO. MI CUADERNO DE BITÁCORA". Editado por Medulia. O acto contará amais do autor con Xulio López Valcarcel (escritor e editor). "Perfecto López-Nóvoa Rey naceu na Coruña o 14 de Abril de 1947, bo día e boa colleita. Estudou na Escola Náutica da Coruña, onde saíu Piloto de 2ª Clase en 1972 e realizou o exame de Capitán de Iate en Madrid na DGMM [...]
O venres 30 de maio, ás 19 horas, en Portas Ártabras terá lugar a entrega de premios Literarios do Facho (poesía, teatro infantil e contos de nenos para nenos).