O mércores 28 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación da Antoloxía poética de Xavier Seoane: “O CANTO DA TERRA 1978 – 2023”, editado en bilingüe por Dilema. O autor estará acompañado por Teresa Seara e Francisco X. Fernández Naval.Entrada libre ata completar aforamento.
O mércores 21 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación da Antoloxía poética de Xavier Rodríguez Baixeras: "Memoria, poesía selecta 1981 - 2023", editado en bilingüe por Dilema. O autor estará acompañado por Eva Veiga e Luciano Rodríguez.Entrada libre ata completar aforamento.
O xoves 15 de xaneiro ás 19:30 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do fotolibro "OS OLLOS QUE VEN O TEMPO", con fotografías de Carmen de Miguel e poemas de Emma Pedreira. As autoras estarán acompañadas polos músicos Juan Jove e Javi López. No libro se tratan as baixantes de auga de Coruña vistas dende unha perspectiva abstracta e imaxinativa. Entrada libre ata completar aforamento.
Editorial Dilema publica, na súa colección Antologías e en edición bilingüe, tres libros de tres dos poetas galegos máis significativos do noso tempo: Xosé María Álvarez Cáccamo, Xavier Baixeras e Xavier Seoane. Isto supón, por unha banda, o recoñecemento a tres obras singulares e, por outra, a posibilidade de que o seu ámbito de irradiación lectora se amplíe a todo o espazo hispanofalante. Pertencentes á mesma xeración poética e vital, Álvarez Cáccamo, Rodríguez Baixeras e Seoane seleccionaron [...]
O venres 19 de decembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), a presentación do último libro (edición bilingüe) de Emma Pedreira titulado "Inventaria. Poesía reunida 1999 - 2009", editado por Boulevar Libraría - Edicións. Amais da autora, participará no acto Inma Doval Porto (artista multidisciplinar). "O uso dunha ironía claramente mordaz, a creación dunha linguaxe arrequentada e única, así como a innovación lírica son, sen dúbida, os trazos que mellor definen In [...]
Ás 20 horas en Portas Ártabras, Felipe Senén fará un recorrido polo ano 2025, analizando o estado da cuestión do patrimonio cultural galego e dos seus museos e anunciando as actividades que Amigos dos Museos de Galicia levará a cabo no 2026. Ao final terá lugar un convite especial para os amigos asociados a este colectivo de vida ininterrompida dende o ano 1975.
O mércores 17 de decembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras un acto organizado polo Ateneo Republicano de Galiciaa no que se presentará o libro de Jesús Ruiz Mantilla "Franco y yo", editado por Galaxia Gutenberg. No acto participarán: Jesús Ruiz Mantilla: Autor, escritor e xornalista en "El País" Cándido Barral Alvarellos: Xornalista Xosé Manuel Pereiro: Xornalista Entrada libre ata completar aforamento. "Tratado como personaje de ficción, con el rigor histórico de la biografía, el puls [...]
O mércores 10 de decembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) a presentación de "O ECO DAS ONDAS" do profesor, escritor e músico César Morán, editado por Medulia. Xunto ao autor estarán Ramiro Torres (escritor) e Xulio López Valcarcel (editor). O eco das ondas é um livro para navegar pola música, às vezes desde dentro e outras em diferentes perspectivas, tomando a distância sentida em cada instante. Mas falar da música é falar da vida, e é por isso que é sempre p [...]
O venres 5 de decembro ás 20 horas, Xurxo Souto presentará en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22 - A Coruña) seu último libro: "A NOVELA DO BRAVÚ", editado por Xerais. O autor estará acompañado de Marisol Manfurada. Isto non é (só) un libro de música. Velaquí a experiencia colectiva dun fato de xente nova que, nos anos noventa, decidiu saír do rego do discurso dominante e -co poder da lingua galega- dialogar con vehemencia coa súa propia realidade. Proclama que transcendeu dende as marxes e deixo [...]