Categoría: Outras actividades


O xoves 27 de abril ás 20:00 horas no espazo Portas Ártabras (Rúa Sinagoga 22 baixo) terá lugar a presentación do libro ‘Tesouro espeleolóxico galego’ (aCentral Folque, 2022), en modo cafécientífico-literario, coa poeta Alba Cid e Xavier Groba (Clube Espeleolóxico Maúxo). Poesía e ciencia danse a man nesta singular proposta concibida a modo de café científico-literario e fano cunha das novas voces da poesía galega, cun universo propio e cativador Alba Cid, e co secretário dun dos Clubes espeleol [...]

O xoves 20 de abril, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) terá lugar a presentación de libro de Francisco Antonio Vidal "AS CARTAS DO DESARRAIGO" editado por Baía Edicións. Ademais do autor intervirán no acto: Xacinto Dolz del Castellar (activista cultural) e Belén López Vázquez (editora). Finalista do IV Premio Vilar Ponte 2022 (Concello de Viveiro). Tras case cincuenta anos de ausencia, Fabio volve á vila natal, de onde seu pai o sacara de maneira abrupta, abandonando a súa [...]

O sábado 18 de marzo, ás 16:00 realizaremos unha visita especial e xeral ao Museo de Belas Artes da Coruña, guiada por Felipe-Senén. Aqueles que desexen participar conviria que se anotasen previamente chamando ao tfn. 630930298 ou ben estando na porta do Museo, ás 16 horas, ate completar aforo, 30 persoas. Nesta visita analizarase a historia do centro, o plan museográfico, asi como as característias de continente e contidos entre outros aspectos museolóxicos. Punto de encontro: Pórtico de entrad [...]

O xoves 29 de decembro, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación do manifesto, Máis alá! (que neste 2022 está de centenario), de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro. Publicado por embora con estudo introdutorio de Xosé María Dobarro, Xesús Torres Regueiro e Ernesto Vázquez Souzao. No acto contarase coa presenza de Xosé María Dobarro (profesor, investigador e coeditor literario do libro) e de Xesús Torres Regueiro (historiador, investigador e coeditor literario do libro).

O xoves 22 de decembro ás 20 horas en Portas Ártabras, o escritor e profesor de Ciencias da Educción da Universidade da Coruña Héctor Pose presenta "MUXOS" (Hércules ediciones), novela que obtivo o accésit no I Premio de Novela Asubío da Fund. María José Jove. "Muxos" é unha novela curta que apela á sensibilidade cara á aquelas persoas que que son estigmatizadas por algunha razón, converténdoas en invisíbeis. Prosa exquisita nun nobelo de historias onde o mar está omnipresente no devalo dos días [...]

ATENCIÓN SEÑORA, xoves 1, Portas Ártabras (A Coruña), ás 20 h. Volta ALDEA TERREMOTA! “A aventura de Chumín, gaiteiro contratado nunha aldea na que a ninguén lle acorda que é o día da festa”. Sesión dramática sobre as fotografías que fixo Pablo Gallego en 1997, coa música de Xoán Creus, e o retorno de Sofía de Labañou ! Xurxo Souto, “XX anos de literatura”, CELEBRACIÓN !

O xoves 24 de novembro ás 20 horas, en Portas Ártabras (Sinagoga 22 - A Coruña), terá lugar a presentación de "CANCIONEIRO DE BUÑO" de Dolores Cancela Pérez. Rescátanse neste Cancioneiro de Buño 84 coplas de tradición oral, recolleitas a principios do século XX de boca dunha mociña de 17 anos, Dolores Cancela Pérez, e publicadas orixinariamente no Boletín da Academia Galega: memorias dos devanceiros, alicerce ou raiceira do que somos. Participan no acto: Xurxo Souto (Músico e escritor) / Estevo [...]

O xoves 17 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación de "OVIEDO, EL CRONISTA" de Manuel Romero Mengotti. "Esta es la historia de la apasionante vida de Gonzalo Fernández de Oviedo, el historiador de Indias y cronista oficial del emperador. Al servicio de los Reyes Católicos, de Carlos V y de Felipe II, recorrió toda España, Flandes, la Italia renacentista de norte a sur, y cruzó ocho veces el Atlántico para denunciar ante los reyes los abusos de algunos gobernadores d [...]