Categoría: Conferencias


O xoves 31 de marzo ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación da nova publicación de Amigos dos Museos de Galicia: DE CEE A COMPOSTELA: Un achegamento á figura de Domingo Antonio de Andrade, de Victor Manuel Castiñeira Castro, historiador e Técnico de Cultura do Concello de Cee. Cada asistente recibirá un exemplar do libro de balde. Entrada libre ata completar aforamento. "Afortunadamente, cada vez son máis numerosos os traballos de investigación e divulgación sobre a importancia [...]

O xoves 24 de marzo ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro de Ángel Arcay Barral "Las 1001 recetas del Palacete de las Mendoza", no acto ademais do autor participará Ernesto Vázquez Rey (Presidente de Amigos do Museo de Pontevedra), que tamén colabora na publicación. LAS 1001 RECETAS DEL PALACETE DE LAS MENDOZATrátase dunha obra que recolle a transcrición de 1001 receitas elaboradas polas irmás Mendoza no seu palacete de Santa María, no centro de Pontevedra, e que cont [...]

O xoves 10 de marzo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación dos libros "Testemuño da Guerra Civil" de Isabel Ríos, así como de "El Defensor" de Manuel Romero Mengotti. Presentará Testemuño da Guerra Civil o traductor do libro ao galego Xosé Antón García Ferreiro e visionaremos videos con entrevistas a Isabel Ríos e ao fillo da autora, Manuel Calvelo, que finalmente non pode asistir ao acto. A Continuación Manuel Romero Mengotti presentará "El Defensor" TESTEMUÑO DA GUERRA CIVIL [...]

O martes 22 de febreiro ás 19:30 horas terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia organizada pola  Agrupaçom Cultural O Facho, na que participará Miguel Anxo Bastos Boubeta, quen falará dentro do ciclo, Economia, História e, Realidade Social. A sua palestra versará sobre: “O futuro da Galiza desde umha perspectiva da Direita Galeguista”

En varias sesións que terán lugar os xoves, a partir do día 10 de febreiro e ás 20 horas en Portas Ártabras, Felipe-Senén, tratará aspectos que singularizan a cultura galega. Interaccionará épocas con autores, actores, creadores, tendencias como a celtofilia e a celtofobia en relación co acontecer en Europa e en especial co occidente atlántico. Comezarase por analizar a idea cultura, máis alá das liturxias e do fenómeno comercial ao que hoxe se ve sometida. Entendendo a cultura como un valor de [...]

O martes 8 de febreiro ás 19:30 horas terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia organizada pola  Agrupaçom Cultural O Facho, na que participará Carlos Garrido Rodríguez, quen falará dentro do ciclo, Língua, Literatura e Naçom. A sua palestra versará sobre: “Publicar em galego na Galiza, Portugal, Brasil”

Neste luminoso e esperanzado mes de febreiro volvemos non so á intensidade de actividades no noso espazo de cultura "Portas Ártabras" - o que sempre estivo aberto á información- senon que retomamos as xeiras da serie "Coñecer Galicia" Luns: Video-proxeccións sobre arte.Martes: Conferencias sobre temas socioculturais da nosa colaboradora a Asociación Cultural "O Facho"Xoves: Conferencias, as primeiras de introducción á Historia da Cultura Galega, impartidas por Felipe-Senén, preparatorias doutras [...]