POR FELIPE SENÉN Dende o 2015 a Academia Galega de Belas Artes celebra cada 1 de abril como “Día das Artes Galegas, neste 2025, dedicado ao creador de formas Isaac Díaz Pardo. Data que rememora as calendas de Abril do 1188, cando o Mestre Mateo, o primeiro celebrado con este “día”, asenta os linteis do Pórtico da Gloria. Díaz Pardo, o eterno insatisfeito, queixábase de que ningún goberno galego fora capaz de recuperar o Seminario de Estudos Galegos : coñecer [...]
A destrución deses símbolos da identidade galega que son os cruceiros Por Felipe-Senén Cruceiros e hórreos, ambos cunha fonda significación cultural e mesmo relixiosa, son dous dos enxebres tópicos, iconas que identifican Galiza no mapamundi. Algo a ter moi en conta na era da imaxe, e máis dende os poderes públicos, a fin de aplicar sensibilidade e leis que os protexan e dignifiquen Si, alarmante titular o de arriba e puidera selo máis. Os fenómenos meteorolóxicos, o vandalismo, efecto con causa [...]
Nesa continua construción dun almanaque civil global, o que traspapela ao santoral e desconcerta á beatería, dende 1977 o Consello Internacional de Museos (ICOM) estableceu cada 18 de maio como “Día Internacional dos Museos”. “Días” ideais, como un xeito de endomingar a cultura, de edulcorala e encápsulala nun folión de fastos. Aproveitarase entón a convocatoria para cavilar no estado da cuestión das novas advocacións. Non cabe dúbida que todo entra nun proceso de cousificación da cultura, so [...]
Por Felipe-Senén Nas calendas de Abril, isto é o primeiro día deste mes do ano 1188 e abrindo a primaveras góticas galgas, entre estadas e grúas de madeira o Mestre Mateo dirixe na fachada occidental da catedral compostelá a colocación dos simbólicos linteis do Pórtico da Gloria. Portas que no Extremo Occidente abren á tumba dun Apóstolo íntimo de Cristo, onde converxen os vieiros que van configurando a Europa dos pobos. Data e feitos que Mateo constata en epígrafe baixo as col [...]
CREADOR DO MUSEO ETNOGRÁFICO DE GRANDAS DE SALIME Por Felipe-Senén O pasado sábado , celebrado día do “fratello” San Antonio e despois dunha longa loita coa enfermidade, deixou a súa Grandas de Salime, pra tomar o derradeiro camiño do Trasmundo que diría Laxeiro, Pepe el Ferreiro, no bautismo Xosé María Naveiras Escanlar. Unha vida que todo galego debe coñecer, ferreiro de profesión, ti [...]
En representación do colectivo de Amigos dos Museos de Galicia, o que ten entre os seus fins a sensibilización e a salvagarda do patrimonio cultural de Galicia, sumase á proposta da Asociación Rande Patrimonio Europeo de rescatar e por en valor a paisaxe cultural de Rande e a enseada de San Simón. Proposta reiteradamente argumentada polos vestixios históricos de todo tempo, pegadas non so no relativo á historia local, senón t [...]
Realidade e virtualidade dos museos nos tempos do coronavirus Segundo a chamada do ICOMOS (Consello Internacional de Monumentos e dos Sitios) celebraremos cada 18 de maio como ´”Día Internacional dos Museos”. Nesta anormal ocasión do coronavirus baixo o lema de Museos pola igualdade, a diversidade e a inclusión. Un xeito máis pra sensibilizar sobre o papel dos museos na cultura, algo que vai máis alá da ditadura visual, do [...]
Pasan os días, a corentena - como a mellor solución fronte ao virus - faise longa. O programa de actividades de Amigos dos Museos de Galicia para este ano 2020 queda como unha declaración de intencións do que debía ser e non foi. A máis de ir saíndo sans e salvos, agradecemos tamén este tempo de confinamento pra reformulacións ante o reto de seguir uníndonos nun colectivo que ten como base o humanismo, a [...]
Cada día máis lembrados e estimados amigas e amigos: Especial Coresma, coutados pola enfermidade, o medo e a incerteza, días nos que nos recollemos, case como eremitas, nos que tamén nos atopamos un pouco máis con nós mesmos que nos reorganizamos pro despois. Dicía John Lennon que a “vida é o que pasa por diante namentres facemos outras cousas”. Pois velaquí o que nos está pasando por diante aos qu [...]
Nova proposta de atentado contra o antolóxico Castro do Faramello Por Felipe-Senén O patrimonio cultural galego vese cada vez máis ameazado polas diferentes formas de mercantilización. En especial os xacementos arqueolóxicos contra os que tentan, a máis do inevitable paso do tempo e a meteoroloxía, a ignorancia e o vandalismo, incluso oficial: traballos forestais, agrarios, viarios, urbanísticos, publicidade, antenas, tendidos e [...]