Actualidade


Como é  costume ás 20 horas no noso espazo de cultura Portas Ártabras  e en acto organizado pola Asociación Cultural "O Facho", Felipe-Senén, arqueólogo e museólogo, presidente de Amigos dos Museos de Galicia, dará unha conferencia sobre "O PATRIMONIO CULTURAL GALEGO AUSENTE". Tratarase dun repaso sobre  coleccións, obras de arte feitas en ou para Galicia  e que foron expoliadas, perd [...]

EN PORTAS ÁRTABRAS: CONFERENCIA: “ORIXES DO CRISTIANISMO”  O xoves 12 de abril, ás 20 horas. Amigos dous Museos de Galicia organiza unha nova conferencia de José Luis García Dornelas, dentro do ciclo “Paganismo e relixión na arte”, na que analizará como se reflicten na arte os primeiros relatos cristiáns. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura.

Viaxe a través das novas iniciativas turísticas dos arredores de Monforte e da súa Ribeira Sacra: O ferrocaril, o viño, o castro de Chavaga, o museo e granxa de Arxeriz... os máis sorprendentes miradouros sobre  os canóns do Sil, os oleiros de Gundivós, as descoñecidas igrexas de Proendos, Pinol, Lobios, Doade....serguindo por Marrube, Setecoros...Unha xornada inesquecible para o tempo apropiado.E coma sempre o xant [...]

O venres 16 de marzo ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación do novo poemario de Ramona Giraldez titulado "Tardes de Domingo". No recital de poesía e múscia ademáis da autora participarán: Luz Arufe (ilustradora) e Leticia Eirin (profesora  da UDC), así coma os músicos: -Los Invisibles -Irene Cerqueiro -Pablo Mera ENTRADA LIBRE

Ollo o cambio de hora: sairemos ás 9, hora oficial, como sempre e dos lugares de costumbre: paradas de autobus da praza daLeña, San Andrés, praza Pontevedra, Juan Florez, S. Pedro Mezonzo, Paxariñas... Xeira na que trataremos de adentrarnos nas novas iniciativas turísticas de Ribeira, os seus parques naturais, os museos, a arqueoloxía, a etnografía e as paisaxes desta parte da Barbanza que inspiraron aValle-Inclán.  Itin [...]

Xa está dispoñible baixo estas líñas o programa da viaxe que Amigos dos Museos de Galicia levará a cabo entr:e os días 15 e 27 de xuño de 2018 DOS ETRUSCOS AO RENACEMENTO; DE FLORENCIA A ROMA , para asúa descarga. Ruta etrusca - De Florencia a Roma 2018 Máis Información en: CIBERVIAXES Rúa Federico Tapia, 41, 15005 A Coruña Tel: 981 21 66 00

No 2015 a Academia galega de Belas Artes instituiu o 1 de abril como Día das Artes Galegas, lembrando esta data a de 1188, na que o mestre Mateo coloca os linteis do Pórtico da Gloria. Mateo, Castelao e Maruxa Mallo foron os homenaxeados ata agora. Neste 2018 o homenaxeado será o arquitecto pontevedrés, Alejandro de la Sota. Alejandro de la Sota Martínez, nado en Pontevedra o 20 de outubro de 1913 e falecido o 14 de febreiro de 1996, foi un arquitecto galego. T [...]