MARTES 17 ABRIL, CONFERENCIA DE FELIPE SENÉN SOBRE O “PATRIMONIO AUSENTE”


Como é  costume ás 20 horas no noso espazo de cultura Portas Ártabras  e en acto organizado pola Asociación Cultural "O Facho", Felipe-Senén, arqueólogo e museólogo, presidente de Amigos dos Museos de Galicia, dará unha conferencia sobre "O PATRIMONIO CULTURAL GALEGO AUSENTE". Tratarase dun repaso sobre  coleccións, obras de arte feitas en ou para Galicia  e que foron expoliadas, perdidas, roubadas, malvendidas , parte do acervo cultural  galego hoxe en museos ou coleccións doutros países. Actividade que encaixa dentro das celebracións que ao longo desta semán se centran arredor da xornada do 18 de abril como DIA  MUNDIAL DOS MONUMENTOS E DOS SITIOS.