Ás 20 horas no noso espazo de cultura “Portas Ártabras” o historiador e presidente do Centro de Estudos Carballiñeses, “Manuel Chamoso Lamas” o profesor Xosé Luis Sobrado, acompañado de membros do mesmo, recibirán o “Premio Pedra do Destino 2018”, que Amigos dos Museos de Galicia acordaron conceder a este colectivo pola súa constancia, estudo , divulgación e posta en [...]
A creadora galega, Lola Vivero, formada en París presenta en Portas Ártabras e durante o mes de Novembro e Decembro una selección da súa última obra pictórica e fotográfica. Trátase de obra de pequeño formato realizadas en técnica mixta (acrílico e óleo). Particular interpretación de paisaxes rurais e urbanas que asumindo a confluencia dos “ismos” do noso tempo, do impresio [...]
Ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar unha nova conferencia de José Luis García Dornelas, dentro do ciclo “Paganismo e relixión na arte”, na que mostrará escenas pouco coñecidas deste personaxe e de como estas se reflectiron na arte. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura.
O mércores 31 de outubro de 2018 ás 20,00 horas, en Portas Ártabras, Rúa Sinagoga, 22, A Coruña, terá lugar a presentación do libro A gran travesía de Chiruca Macallás de Xurxo Souto. No acto participarán Mercedes Peón, Felipe Senén e Xurxo Souto.
O xoves 11 de outubro ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar unha nova conferencia de José Luis García Dornelas, dentro do ciclo “Paganismo e relixión na arte”, na que se analizarán as distintas visións que se ofrecen de Abraham; o xudaísmo, o cristianismo e o islam, e de como estas se reflectiron na arte. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura..
Xa temos pormenorizado o programa da viaxe a Milán e os seus arredores. Con esta seguimos a exitosa iniciativa de levar a un grupo, en tempo de inverno, próximo ao Nadal, a coñecer os interiores dunha das capitais da moda do mundo, encendida nas súas mellores galas. Pero tamén adentrándose nas súas singularidades históricas, artísticas, culturais: ópera, a Santa Cena, os palacios, os castelos, os museos da moda e da costu [...]
Xa está a disposición de que o desexe o programa desta intensa viaxe á cidade de Oporto e ribeiras do Douro. Un xeito de adentrarse integralmente na vida, na historia e na cultura desta rexión modélica pola xestión dos seus recursos culturais. Visitas a museos de artesanías, arte antiga e contemporanea, pazos, castelos, templos, mosteiros, recintos arqueolóxicos, sen faltar as máis famosas adegas e casas de creadores e literatos [...]
Ás 20 horas en Portas Ártabras a historiadora da Arte Iría- Friné Rivera Vázquez con esta conferencia introduciranos á creación dunha iconografía inexistente antes dos anos 20, que deu unha imaxe ao país e que respondía ao espírito da sociedade galega contemporánea. Partindo da obra de Camilo Díaz Baliño dende 1919, pinturas súas como o Tríptico dos Homes de Brigantia o [...]
Aínda podes sumarte a esta viaxe fondamente cultural . Un xeito ameno de adentrase nas arqueoloxías, na arte, na etnografía e moi especialmente na literatura que arrodean á Celanova de Curros, de Celso Emilio, de Ferrín… O antolóxico xacemento romanizado do que foi Coelernia, Castromao; a torre e a igrexa de Vilanova das Infantas ou da Virxe do Cristal…. E sobre todo canto arrodea ao mosteiro do Salvador de Celanova, verdadeira s [...]
Ás 20 horas en "Portas Ártabras", seguindo a tradiicón dos segundos xoves de mes, o enxeñeiro José Luis García Dornelas pronunciará unha conferencia, dentro do ciclo “Paganismo e relixión na arte”, na que analizará as influencias orientales no relato de Noé e o Diluvio e de cómo éstas se reflicten na Arte. A charla acompañarase coa p [...]