VENRES 14 DE DECEMBRO PROXECCIÓN: “O SOÑO DE PAPÁ”


Ás 20 horas en Portas Ártabras proxectarase o documental de Xabier Bermudez, realizado por Xamalú filmes en colaboración con TVG, 2018. Premiada reflexión sobre o mundo do cine, acto no que participará o seu director.

É moi difícil medir a importancia social que ten o fútbol hoxe en día, pero podemos aseverar que este é, sen dúbida, o espectáculo que goza dunha maior atención en todo o mundo. Cando hai un partido importante, non hai cidade, deserto ou selva no planeta no que non se siga, ben do xeito máis precario ou do máis sofisticado tecnolóxicamente. Un futbolista europeo de certo renome ten seguidores propios en Asia, Nova Zelanda ou África. Internet multiplicou as formas de conexión entre seguidores e protagonistas. De feito, algúns partidos da liga española ou inglesa prográmanse para ser comodamente vistos na China. O fútbol é un dos momentos estrela de calquera informativo televisivo ou radiofónico, e a cantidade de diñeiro que move é igual de espectacular. 

Ante este panorama, chegar a formar parte da élite futbolística é un soño polo que loitar. Quizais polo que hipotecar a tranquilidade dunha familia. Un soño ao que dedicar unha infancia. 

Dos nenos futbolistas trata O SOÑO DE PAPÁ.