Actualidade


 Seguindo co ciclo introductorio dedicado ao Xapón, ás 20 horas deste martes, no noso espazo de cultura "Portas Ártabras" o doutor Gabriel Álvarez Martínez (Carballiño, 1985) introducirá ao tema: XAPÓN: TRADICIÓN E MODERNIDADE, un paseo polo onte e polo hoxe do "País do Sol Nacente". Gabriel Álvarez é doutor en tradución pola Universidade de Vigo, especialista profes [...]

Está aberta a inscripción para participar nesta viaxe cultural que dende a Coruña nos levará a Terras de Valdeorras, a Rúa, Ribeiras do Sil e do Bibei. Paisaxes cos seus solprendentes codos e socalcos de vides e soutos; visitando o Santuario das Ermidas, o Bolo, o seu castelo e aldeas do concello da Veiga... camiños montesíos que levan a Trevinca e á Serra do Eixo. E Como nos caracteriza non faltará o xantar enxeb [...]

Ás 20 horas no noso espazo de cultura, Portas Ártabras, o profesor titular de Xeografía da Universidade Autonoma de Madrid, Francisco Alonso Otero, impartirá unha conferencia “SOBRE EL PAISAJE DE GALICIA”. Tema no que, guiado de imaxes,  adentrarase na formación xeolóxica, mapas, minerais, serras, bocarribeiras, vales, rías, areais, bosques e reforestación, as grandes obras e a paisaxe...a cultura. Esperámoste.

Como xa é tradición neste noso colectivo dedicamos o derradeiro domingo de agosto, cando todo semella normalizarse, a visitar aspectos insólitos da Serra do Courel, complementando puntos a visitar con outras viaxes anteriores: Viaxe cuntural seguindo  río Lor,  dende Quiroga ao Cebreiro, pasando por Folgoso, Ferreirós, Figueiras, Seceda, Ferreiría, Seoane, Parada, Moreda…Pacios. Deténdonos nos “locus amoenus”, lugares [...]

Está aberto o prazo pra sumarse a esta xeira cultural que leva por unha das ribeiras sacras máis sorprendentes, a de Chantada. Todo un día visitando as ribeiras do Miño: Asma, Pesqueira, Ribasdemiño, Belesar... Nogueira...San Miguel do Monte e o mítico Monte Faro. Espazos no mesmo corazón de Galicia, onde non so comprender “in situ”  o fenómeno da cristianización da Gallaecia, senón tamén a humaniz [...]

Procuraremos que esta xeira para un domingo de verán transcurra - a máis de por puntos sabidos e coñecidos nos novos circuitos turísticos -  por lugares insólitos, á frescura de soutos , do fluir do Miño e do Sil pola ribeira ourensana. Concretamente por terras de afiadoreres, paragueiros , barquilleiros e mesmo de oleiros, como son os concellos de Luintra, Maceda, Parada, Montederramo... Con visitas ao conxunto rupes [...]

Xeira que nos adentrará nas viciñas terras asturianas de Navia, a fin de coñecer non somentes aspectos da súa Arqueoloxía, Historia, Arte, tradicións do  ma, e sobre todo da súa gastronomía... senón tamén o seu exemplar xeito de xestión do patrimnio cultural como recurso identitario e turístico. O Castro dee Coña, Navia, Porto de Vega, os seus museos, entre outros pu [...]

O noso colectivo inicia unha serie de xeiras pra tarde dos sábados  polas Mariñas coruñesas, de "Condes" e "Freires" as de Betanzos, Sada, Pontedeume ou Oleiros e as de Cambre, Culleredo e Carral... nas que se recolle e complementa un itinerario proposto pola historiadora da arte, Rosario Sarmiento,  arredor do impresionismo, parándose en lugarers "locus amoenus" que inspiraron e foron recollidos en pinturas de artista [...]