Actualidade


Varios asociad@s estannos facendo chegar ideas sobre futuros viaxes, os que incluir no programa anual 2020. Algo que extendemos a aquelas persoas, asociadas ou non que desexen acompañarnos nunha desas expedicións que propoñen. Como saben tratamos de facer algo diferente a outros programas de ofertas, onde primen os aspectos da cultura e unha visión integral, que entre polos sentidos: Historia, Arte, Etnografía, lugares  con encanto e mesmo a cont [...]

Podes sumarte a esta xeira que, dende a Coruña  nos levará ao Carballiño, cerna na que complementar aspectos menos coñecidos da vila. Visitando en ester caso o Balneario, a Pena dos Enamorados, a fábrica de papel e o conxunto etnográfico do Arenteiro... Río que seguiremos até adentrarnos no campo da Saleta, o sorprendente románico de Astureses e Xurenzás, Cameixa , Salón, volta a pasar por [...]

O venres 20 de setembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a inauguración da escultura realizada por Pepe Galán para o espazo de cultura de Amigos dos Museos de Galicia,, Portas Ártabras  titulada "ENCAIXA VOANDEIRA M1", Esta inauguración complementarase con unha exposición dos bocetos de Pepe Galán para a realización desta escultura, así como coa proxección da curtametraxe "O Combate [...]

Podes anotarte a esta excursión cultural que neste domingo do primeiro ]outono que nos levará ao Sur da provincia de Ourense. Estrada bordando a Vía Nova ou XIX, a que unía Astúrica con Brácara, pasando por Bande, coñecendo o campamento e mansión romana de Aquis Querquennis, as termas… seguindo pola igrexa visigótica de Santa Comba, o balneario de Río Caldo, Entrimo coa súa sorprendente Colexiata  barro [...]

Ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación dunha nova guía que rememora nos nosos días a peregrinación feita  no 1927 por Risco, Otero Pedrayo, Ben cho sey ,entre outros intelectuais cara ao santuario de Teixido. Páxinas nas que se describen as características sobranceiras de cada lugar polo que pasaban. Agora repítese esta andaina, nova xente e os mesmos lugares, xa revestidos de novas arquitecturas, activi [...]

 O Xoves 12 de setembro ás 20 horas. terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do ciclo “Paganismo e relixión na arte”, na que enxeñeiro José Luis García Dornelas falará sobre os astros na arte antiga e medieval. A charla acompañarase coa proxección de máis dun centenar de imaxes que mostran a importancia que tiveron os astros nas antigas culturas e no cristianismo.  Entrada libre

 Velaquí anexa unha iniciativa solidaria coa Fundación Uxio Novoneyra e con canto significa a súa ética e estética poética, así como coa paisaxe, as tradicións e a revitalización humanista da Serra do Courel. Ademáis de ser un xeito de espallar e estimular a creación e a arte. Así a cultura non queda nunha liturxia protocolaría, é unha praxe, unha resposta solidaria, humanista ante as ameazas d [...]

Podes participar nesta xeira especial con recorrido a través dun universo pouco coñecido entre dúas vilas mariñeiras por excelencia, Muros e Noia, as que coñeceremos de xeito integral. Arqueoloxía, arte, historia, etnografía, tipismo e canto hai entre ambas vilas: o Tambre, a ría, a Ponte Nafonso, San Ourente de Entíns e Outes cos seus carpinteiros de ribeira, Bornelle cos conxuntos de hórreos, o Cachón co seu [...]

MÚNIC A CAPITAL DE BAVIERA AO COMPLETO Do 30 de novembro ao 05 de decembro A CAPITAL DE BAVIERA AO COMPLETO Do 30 de novembro ao 05 de decembro    Dia 30 de novembro: Santiago – Madrid –Múnic   Recollida no punto de encontro indicado e saída en dirección a Santiago, tramites de facturación e embarque en voo de Iberia con destino Múnic, vía Madrid. Chegada 11,35 horas. Traslado ao hotel, distribución [...]

Está aberta a inscripción para sumarte a esta xeira especial e tradicional no noso colectivo pro tempo de verán. Visitaremos a Hermida de Quiroga, adentrándonos no Courel polo Alto do Boi, os Vilares, Santa Icía,  Folgoso....e coma tantas veces as aldeas de Seceda e Sobrado, tan repsentativas desta serra lucense. Minas de ouro en tempos romanos, castros, soutos, vellas ermidas e solitarios camposantos... Non deixaremos de entrar nos predios  que [...]