Actualidade


A visita prevista pro xoves 14 de novembro á  Escola de Canteiros de Poio queda por posposta polo imprevisto de obras urxentes naquel centro. Pendente pois a súa realización para un día lectivo do mes de febreiro, o que anunciaremos previamente nestas páxinas. Visita que ven a ser unha recomendable, importante e sorpendente lección para introducirnos na antiga e tradicional arte dos canteiros: debuxo, tipoloxías de pe [...]

O venres 8 de novembro, ás 20 horas no noso espazo de Cultura,"Portas Ártabras" o mestre, divulgador e creador do Museo Etnográfico das Pontes de García Rodriguez, Xosé María López Ferro recibiu o agasallo e o PREMIO PEDRA DO DESTINO 2019, como en outros anos concedido o Día Internacional  dos Museos, o pasado 18 de maio. Foi este un sinxelo e entrañable acto realizado en Portas [...]

LOS DIOSES Y LAS MUJERES O vindeiro xoves 14 de novembro ás 20 horas, no local da “Asociación Amigos dos Museos de Galicia” terá lugar unha nova charla do ciclo “Paganismo e relixión na arte” na que o enxeñeiro José Luis García Dornelas falará sobre "Los Dioses y las Mujeres" na mitoloxía e no cristianismo. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de imaxes para mostrar a [...]

Para adentrarse na historia da cultura galega compre coñecer ben a cidade de Braga, unha das grandes capitais da Gallaecia Romana e importante núcleo e rival de Compostela no Medievo. Dende esta óptica o noso colectivo dedicará este fin de semana  de outono á furar na capital do baixo Minho. Xeira que partirá ás 9 da mañán do sábado 23, dende a parada de Bus do Sporting-Casino, Obelisco, ( punto de saída [...]

O venres 8 de novembro, ás 20 horas no noso espazo de Cultura, "Portas Ártabras" o mestre, divulgador etnográfico e creador do Museo Etnográfico das Pontes de García Rodriguez, Xosé María López Ferro impartirá unha conferencia sobre os pasos dados para a formación e singularidade deste centro que recentemente abriu portas nun novo espazo na parte vella de esta vila coruñesa.  Xosé María [...]

Esta Xeira polo Salnés, para coñecer os seus pazos, arqueoloxías e historias estaba programada para o  domingo 10 de Novembro, pero tívose que cambiar por mor das eleccións para o seguite domingo, 17 de novembro.  O Salnés, terra cargada de historia, de pazos e de viño, de poetas e escultores... Intensa visita a canto significa Cambados, así como Vilagarcia co pazo de Rubiás, o de Vista Alegre ...para seguir por Arousa e Ca [...]

BRUXA! LIBRES, REBELDES, INSUBMISAS O venres 25 de outubro ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a inauguración da nova exposición de Viki Rivadulla  “Bruxa!” É un proxecto artístico sobre a violencia contra as mulleres e que reivindica a liberdade das mesmas. Fala sobre as mulleres e a represión patriarcal agachada tras a queima de bruxas (partindo das teses de Silvia Federici) e que a autora mantén que seg [...]

III XORNADAS LUTO EN COLORES Sábado 26 outubro 2019 Portas Ártabras (Amigos dos Museos de Galicia)  Rúa Sinagoga, 22 A Coruña (Entrada libre) PROGRAMA: MESA I. A morte e os seus tabús (10:00-11:45) Modera: Isabel Bravo, xornalista Radio Coruña Cadena SER? – Carmen Lamela, Universidade da Coruña. Por que o tabú sobre a morte? – Vitoria Gómez. Morte perinatal (Bolboretas non Ceo) – Irene Esperón, coidados [...]

Confirmamos xa as datas desta esperada visita (xoves 28 de novembro e venres 13 de decembro), grupos especiais de 30 persoas: Saída ás 15 horas da parada de bus do Sporting Casino, previa inscrición que deberá facerse no noso espazo de cultura, Portas Àrtabras, ou chamando ao tfn. 981 210 101. Trátase dunha visita tanto pra coñecer a historia da Catedral de Santiago, como do simbolísmo do Pórtico, así como o recente [...]

O vindeiro xoves 10 de outubro ás 20 horas, en Portas Ártabras, terá lugar unha nova charla do ciclo “Paganismo e relixión na arte” na que o enxeñeiro José Luis García Dornelas falará sobre "DIOSES, VINO Y MUJERES" na mitoloxía e no cristianismo. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de imaxes para mostrar como o cristianismo evolucionou desde crenzas mitológicas orient [...]