Actualidade


O pasado venres, 17 de abril, finou na Coruña, o que foi secretario do noso colectivo, Amigas e Amigos dos Museos de Galicia, Ernesto Pérez Ramil. Vida truncada por unha enfermidade de difícil prognóstico, así no lo anunciaba él con exemplar resignación. Fonda pegada deixa en nós:  sempre a pé de obra, do dito axiña ao feito, desexando servir a cambio de nada. Actividade ralizada dende moitos anos atrás, mesmo dende aqueles seus anos de estudo en Compostela, finais dos oitenta, formándose en Mus [...]

Iste vindeiro domingo, 26 de Abril temos en programa unha xeira a Terras de Ortegal, tan caracterizadas a nivel universal pola súa excepcional xeoloxía, como pola súa historia, etnografía e cultura. Con visita a San Andrés de Teixido, afondando nas súas lendas en relación co Trasmundo, seguindo pola Serra da Capelada, entre as greas de bestas bravas, cos máis sorprendentes miradouros e garitas apuntando ao mar...e xa o Cabo Ortegal co santuaro de San Xiao de Trebo cristianizando cultos mariños r [...]

O venres 24 de abril, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga 22 - A Coruña a presentación do libro "LABORALISTAS. UNA DÉCADA UTÓPICA", un tributo ao espírito nobre e digno dos avogados laboralistas da transición: No acto participarán: Cristina Almeida (Despacho c/ Españoleto) Tomás Duplá Del Moral (Despacho c/ Españoleto) Fuco Antas (Despacho c/ Atocha) Manuel Lago (Congreso dos Diputados - Sumar) Cándido Barral Alvarellos (Xornalista) Entrada libre ata completar aforamento. LABORAL [...]

O xoves 23 de abril ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do último libro de poesía de Adela Figueroa titulado: "ERÓTICA É A ALMA DAS CEREIJAS". Amais da autora participarán no acto: Celsa Sánchez (ilustradora do libro) e o acompañamento musical de Eladio Rodríguez. Entrada libre ata completar aforamento. Adela Figueroa Panisse participou na fundación de organizacións como ADEGA, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a revista O Ensino, da que foi directora. Foi voceira de Nu [...]

O vindeiro dia 14 de abril, ás 8 do serán terá lugar en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña) unha actuación musical dos compoñentes do grupo A Quenlla: Paloma Suanzes, Leire Barbadillo, Manuel Dopico e Baldomero Iglesias (Mero). Actividade organizada pola Agrupación Cultural O Facho. Actuación de catro compoñentes de A Quenlla --Paloma Suanzes, Leire Barbadillo, Manuel Dopico e Baldomero Iglesias Dobarrio, coñecido artisticamente como Mero, profesor, cantante e escrit [...]

O domingo 12 de abril, realizaremos esta xeira que nos levará ao concello de Allariz, esta vez a fin de particularizar e coñecer o máis significativo do seu rico e variado patrimonio cultural. Tal como o complexo arqueolóxico de Santa Mariña de augas santas: o Castro de Armeá e o seu inmediato Pozo da Santa, a Igrexa coa tumba da Santa Martir, pozo romano da capela de Santo Tomé, a fonte milagreira e o ancestral carballo... Continuando á tarde para visitar a vila, coñecer a súas tradicións festi [...]

Colgante greco romano. O xoves 9 de abril, ás 20.00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo "Paganismo e Cristianismo na arte". Nesta ocasión, José Luis García Dornelas apoia a súa exposición en máis de cen imaxes que revelan como o sexo funcionaba na Antigüidade como un escudo contra os espíritos e o mal de ollo, antes de que a Igrexa o "demonizara" e o transformara en algo obsceno. Entrada libre ata completar aforamento.

O mércores 8 de abril, ás 20 horas terá lugar un acto organizado polo Ateneo Republicano de Galicia en Portas Artabras (rúa Sinagoga, 22 – A Coruña): a presentación do libro: "COMO TERMINÓ LA GUERRA CIVIL ESPAÑOLA" de Gutmaro Gómez Bravo. Participarán no acto: O autor, Gutmaro Gómez Bravo (Catedrático de Historia Contemporánea - UCM) Emilio Grandío Seoane (Catedrático de Historia Contemporánea - USC) Cándido Barral Alvarellos (Xornalista). Baseada en documentación inédita proceden [...]

O vindeiro dia 7 de abril o historiador Diego Rodríguez González impartirá unha palestra co título: "Manuel Murguía: un folclorista atípico", organizada por a Agrupación Cultural O Facho Data: 7 de abril, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Diego Rodríguez González licenciouse en Xeografía e Historia, especializándose en Historia Contemporánea e Biblioteconomía e Arquivística. Ocupou diversos postos como bolseiro, destacando na Bibli [...]

Desde Defensa do Común, en colaboración coa Asociación de Veciños da Cidade Vella, convocamos a toda a cidadanía a un acto informativo para analizar a situación actual e os impactos futuros do proxecto urbanístico nos terreos da Maestranza. O encontro terá lugar o martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, no local de Portas Ártabras (Sinagoga, 22). Por que é urxente esta xuntanza? A veciñanza observa con gran preocupación como a promotora Lipromo xa iniciou a comercialización [...]