Actualidade


Manuel  F. Castro, licenciado en Belas Artes e creador , ás 20 horas en Portas Ártabras, ofrecerá un recetario para adentrarse e entender a ARTE DE AGORA MESMO. Preevia a esta conferencia xa se impartiron outras que dende a Arte Neoclásica levaron aos "ismos" que caracterizaron o século XX . Nesta sesión desembocaremos no proceso creativo dos nosos días. Proceso inacabado de fórmulas, soportes, buscas [...]

Xa está aberto o prazo pra inscribirse nesta tradición ludica e cultural do noso colectivo. Trátasde dunha viaxe que sae ás 9 da mañán deste domingo primaveral, pra iniciar un recorrido por puntos insospeitados pros asistentes, con sorpresas tamén. Un xeito de divertida odisea na que se fai sobranceira a riqueza patrimonial de Galicia , así como as ansias de mostralas, compartilas coa alegría e [...]

Este ano 2018 recupérase a tradición dos Vixigueiros deSamede ( Mariñas de Paderne, Coruña), unha figura vernácula do Entroido samedés desaparecida , usada asemade noutros lugares de Galicia. O noso obxectivo é recuperar un Entroido Tradicional Rural e Participativo, servindo asemade de alicerce pra outros Entroidos Tradicionais esquecidos ou semiesquecidos. Deixámosvos baixo estas liñas toda a información preci [...]

Un día dedicado á Cidade de Ourense, a que , en tempos suevos  (Sc. V e VI) recibiu a Martiño de Dume  e con el ás reliquias de Martiño de Tours, fitos importantes na cristianización dos confíns de occidente. Tratase dunha xeira visitando a exposición IN TEMPORE SUEBORUM, guiados por especiualistas arqueólogos, mestres tamén na didáctica. Día que non queda unicamente nas salas expositivas [...]

Xa está a disposición dos asociados a Amigos dos  Museos de Galicia o documento acreditativo de pertencer á FEAM (Federación Española de Amigos de los Museos) carnet que da facilidades para a entrada a numerosos museos do Estado e do mundo, así como a cursos, congresos, descontos nalguns hoteis, marchandaising de museos, etc.... Non deixes de pasar por Portas Ártabras pra recollelo ou ben solicitalo a través do noso correo electr [...]

(hoxe no Museo de América-Madrid) Móstranse en  “Portas Ártabras” dúas arcas do século XVII, unha de madeira e con tres chaves, outra de ferro con pechos secretos e trampas ante posibles roubos... Trátase de dous cofres  de “tesouros” para o trafego das indiase  que complementaban carga no ir e vir dos galeóns. Pezas en moi bo estado , dignas dun museo, como será o caso. Con devandi [...]

Recibimos o cumunicado que trascribimos abaixo e ao que  se suma  o noso colectivo, tamén o podedes facer de xeito particular, mesmo espallándoo: A Asociación Cultural Xermolos de Guitiriz recibiu da familia do poeta Xosé María Díaz Castro a súa casa en ruínas que agora queremos rehabilitar para convertela na Casa da Xente, para devolvela ao pobo convertida en museo, pousada de creadores, escola das e dos nosos escritores, lo [...]

Amigos dos Museos de Galicia fixo chegar a diferentes administracións, estatais, provinciais de Pontevedra e mesmo do concello de Poio, un amplo e documentado informe sobre dúas casas típicas de Combarro, concello de Poio, Pontevedra, que foron adquiridas por diferentes administracións, a fin de dedicalas a Museo do Mar de Combarro, o que se creou por decreto no 1969. Este proxecto museístico de Combarro parte do 1950 por parte da Deputaci [...]