Actualidade


O xoves 20 de xullo, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar a conferencia impartida pola arqueóloga Ana Isabel Filgueiras, titulada OS CEREMONIAIS FLORAIS GALAICOS: ORIXE, LÍRICA E LEGADO MUSICAL. Repaso de tradicións galegas, repartidas ao longo do ciclo agrario anual que radican no mundo céltico e román. Costumes fortemente cristianizadas, fundamentalmente en relación co tempo primavera, Candeloria, Entroido, Maios, San Xoán... ás que abren á luz e ás froles, como símbolo de novos frutos n [...]

Con saída ás 16 horas do Obelisco (recollida única) realizaremos a xa anunciada xeira para visitar o Pazo de San Lourenzo (Compostela). Por todo o cal aínda podes anotarte e participar nesta visita, chamando ao 981210101 ou ao 630930298, de luns a venres de 19 a 21 horas. A elección deste día ven dado en función da dispoñibilidade dos propietarios para mostrarnos tan importante e singular predio. O pazo de San Lourenzo érguese na fermosa e antiga carballeira compostelá de San Lourenzo, baixo do [...]

O xoves 13 de xullo, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, titulada: "SANTIAGO Y LA LEYENDA JACOBEA" A charla apoiarase na proxección dun centenar de obras de arte, que servirán para comentar os motivos económicos e políticos que xustificaron a elaboración de varios relatos lendarios, tratando de explicar a translación das reliquias do apóstolo desde Xerusalén a Galicia e o descubrimento, sete [...]

O xoves 6 de xullo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do arqueólogo e investigador Lois Ladra, na que falará dos MUIÑOS DE VENTO DA CORUÑA: HISTORIA E ICONOGRAFÍA. Aínda que hoxe a penas se conservan os restos parciais dun antigo muíño de vento no Parque de Santa Margarida, a comezos da Idade Moderna eran varios os que señoreaban a paisaxe herculina, destacando como sentinelas recortados no horizonte da cidade. E así aparecen representados en diversos cadros e grava [...]

Xa está aberta a inscripción para participar nesta xeira que nos levará a Cedeira para seguir ás Terras de Ortegal e Bares. Como sempre e partindo ás nove da mañán da Coruña dirixirémonos por Valdoviño e Vilarrube a Cedeira, lugares cargados de historia e tradicións mariñeiras, camiños de peregrinación que conducen ao enigmático santuario de San Andrés de Teixido, un punto clave na etnografía de Galicia. Sitios, historias, tradicións que merecen coñecerse dende a nosa óptica como a cristianizaci [...]

O xoves 22 de xuño, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha conferencia pronunciada por Victorino Pérez Prieto (escritor e teólogo) arredor de "SANTA MARIÑA, SAN PAIO, SANTO AMARO E OUTROS/AS SANTOS/AS GALEGOS/AS. ENTRE A HISTORIA E A LENDA". As santas e os santos galegos foron cristiáns que levaron unha vida virtuosa ao servizo da xente e de Deus. Máis que as biografías deles, as que chegaron até nós foron as súas haxiografias lendárias. Mesmo as dalgúns son só fermosas lendas. As e os d [...]

O xoves 15 de xuño, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha conferencia de Alexandre Ripoll Anta (doutor en filoloxía galego-portuguesa, catedrático xubilado de lingua e literatura galegas), titulada: "O TESOURO DAS CANTIGAS DE MARTÍN CODAX" Martín Codax foi un poeta galego, posiblemente un xograr que viviu entre o século XIII e o século XIV. No ano 1998 dedicóuselle o Día das Letras Galegas xunto con Johan de Cangas e Mendinho. Neste 2023 adícaselle o Día das Artes Galegas. A súa orixe n [...]

O xoves 8 de xuño, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, titulada: "LOS ÁNGELES Y LAS MALAS TRADUCCIONES". Santóns e visionarios de todos os tempos e culturas deseñaron as características das divindades que lles rexían e o séquito que as acompañaba. E para facelo idealizaron e magnificaron aos reis e servintes que coñecían ou dos que tiñan noticias. A Biblia e as súas malas traducións completa [...]

Está aberto o prazo de inscripción para esta nova excursión cultural, que o sábado 10 de xuño nos levará ÁS MÉDULAS e ao seu entorno arqueolóxico. Amplo itinerario de ida e volta seguindo o Sil ao seu paso polo Monterfurado e polas terras de Valdeorras e mesmo pola Cabreira, para redondealo polo Bierzo de Vilafranca. Viaxe onde se fai imprescindible coñecer, contar e ver espazos que tiveron como protagonistas, hai dous mil anos, a miles de esclavos e como o cristianismo propagaba unha nova relix [...]