Actualidade


O xoves 2 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), os árqueólogos e especialistas en Historia Antiga, Juan L. Naveiro López e Diego Piay Augusto, presentarán os resultados do libro publicado recentemente, que leva por título: "La huella romana en Catoira. De la arqueología a la Historia" (Andavira, 2023). A obra reconstrúe un período menos coñecido da historia de Catoira, anterior á construción das Torres de Oeste, para o cal se dispón unicamente de fontes arqueolóx [...]

O xoves 28 de outubro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do novo libro de Jose Carlos Alonso, "ANIMALES EN CORUÑA. Del pasado, del presente, reales e irreales". É un repaso a 150 anos de animais na nosa cidade. Desde o can Nerón da familia Barrié (ano 1877) ata as mascotas actuais. Pero tamén se recollen os animais que non foron mascotas e si "traballadores" nun ou outro sentido (de carga, de tiro, de paseo, militares…). Por suposto os que nos serviron de alimento. Imperec [...]

Debido ao éxito da visita ao castro de Elviña do pasado 15 de setembro, repetiremos esta experiencia o venres 20 de outubro pola tarde (17:00). Visita especializada, guiada por Felipe - Senén. Paseo no que nos adentraremos na historia das pescudas arqueolóxicas, nos problemas de pasado e presente de tan singular xacemento arqueolóxico, entendendo as condicións xeoestratéxicas do que poido ser Brigantia, as súas orixes na Idade do Ferro, así como o longo proceso de romanización, as construcións, [...]

O xoves 19 de outubro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, titulada: "EL COSMOS ENTRE EL MITO Y LA CIENCIA" Todas as culturas imaxinaron narracións míticas e fantásticas para pretender explicar a orixe e funcionamento do universo ata que, co avance da ciencia, todas esas fábulas mitolóxicas foron cuestionadas e esquecidas.Nesta charla veremos, con todo, que no noso mundo actual aínda se cont [...]

Para o domingo 22 de outubro temos en programa unha nova xeira, a que nesta ocasión, tempo outonal, nos acercará ao Minho portugués, facendo un completo recorrido seguindo tan representativo río: dende Valença do Minho, aos lugares de Lanhelas e o Seixo, coas sorprendentes casonas de indianos, lugar de nacemento e sepultura do gran arquitecto portugués Ventura Terra. Seguiremos ate Caminha e a mesma foz do Minho, coa fortaleza da Insúa. Despois do xantar enxebre en terra portuguesa, coñeceremos [...]

A Agrupación Cultural O Facho dá conta do inicio do ciclo de palestras do outono 2023, retomando a programación prevista para este ano. O vindeiro dia 10 de outubro o profesor e escritor Ramón Nicolás Rodríguez falará sobre:  “Del Riego: unha vida, unha época” Data: 10 de outubro, martes  Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras -Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Ramón Nicolás Rodríguez exerce a docencia no IES Castelao (O Calvario-Vigo). Realiza crítica literaria desde [...]

O xoves 5 de outubro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a conferencia titulada: "O MOITO QUE MONTEVIDEO LLE DEU Á NOSA TERRA", pronunciada polo escritor Xosé María Monterroso Devesa. Foi Montevideo, pola sua dimensión con respecto ao Uruguai -metade da poboación do país-, o núcleo urbano e humano que desempeñou un papel exclusivo e relevante na historia de Galiza e na vida dos galegos daquén e dalén mar. Pois se Buenos Aires é a enorme metrópole galega da Galiza da diáspora, a capital ur [...]

O xoves 28 de setembro, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar a presentación do libro "NON MÁIS ALÓ DAS NUBES", de Xabier M. Betanzos editado por Medulia Editorial. No acto ademais do autor participará Miguel Anxo Mato Fondo (escritor). Entrada libre ata completar aforo. Resumo: Dona Constanza, unha marquesa á que os seus fillos pretenden incapacitar xudicialmente a causa do manexo dispendioso da súa facenda foxe da súa casa cunhas poucas pertenzas que vai arrastrando nun carriño da compra. [...]

O almanaque civil inclúe agora unha nova celebración para a xornada de cada 8 de outubro, a que se complementa con outras, como o 1 de Abril "Día das Artes de Galicia", mesmo co 18 de Maio como "Día Internacional dos Museos", ou o 16 de Novembro "Día Mundial do Patrimonio Cultural". Nesta ocasión a xornada do oito de outubro comeza a dedicarse e a espallarse como DÍA DOS AMIGOS DOS MUSEOS. Sirva pois esta convocatoria acollida por todos os colectivos de Amigos e Amigas dos Museos para asumir a s [...]

Esta aberta a inscripción para esta xeira especial na que se verá integralmente as terras de Allariz e a súa contorna, os novos recursos museisticos, en especial a modélica Fundación Vicente Risco. Viaxe na que nos prolongamos á Limia, a contorna da lagoa de Antela, con canto significa na historia, na arqueoloxia ou na etnografía... Será iste un día intenso, axeitado para cando se anuncia o outono e estas terras ourensáns ofrece matrices especiais. E como sempre non faltará o xantar enxebre. Agr [...]