O martes 7 de maio, ás 19:30 horas, en Portas Ártabras terá lugar, a presentación da última obra de Xosé Díaz: ‘Autogoberno e sistemas de financiamento. O papel da nación galega’, editado por Laiovento. Actividade organizada por GalizaCultura*. Con esta obra, Xosé Díaz pretende presentar dun xeito resumido as cuestións esenciais que suscitan os sistemas de financiamento no Estado español, centrándonos especialmente nas deficiencias que, desde un punto de vista nacionalista galego, caracterizan o [...]
O xoves 2 de maio, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), terá lugar a conferencia impartida polo museólogo e xestor do conxunto etnográfico Forno do Forte en Buño, Paco Doval. O Ecomuseo é un conxunto formado por antigas casas de familias alfareiras. Estes conxuntos contaban con vivenda, taller, forno, alpendre e cabazo. O obxectivo principal do museo é expoñer ao público a tecnoloxía e a maneira de vida tradicional dos oleiros de Buño. Aquí ofrécese á persoa visitante [...]
Desde a Agrupación Cultural O`Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do segundo trimestre de 2024. O vindeiro dia 30 de abril a ensaísta e profesora Aurora Marco impartirá unha palestra co título: “Mulleres no Seminario de Estudos Galegos” Data: 30 de abril, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Aurora Marco é doutora en Filosofía e Letras (1978), catedrática de Didáctica da Ling [...]
Está aberta a inscripción para participar nesta xeira ao máis emblemático da beiramar galega, con atención especial á vila de Cambados e detida visita, incluida, ao interior do Pazo de Fefiñáns, un paseo polo tempo, por espazos e cousas dunha das casas fidalgas máis emblemáticas de Galicia. Recorrido por espazos do poeta Ramón Cabanillas e do escultor Asorey: polo templo aberto ao ceo e cimeterio de Santa Mariña de Ozo, SatoTome e a Torre de San Sadurniño... o taller do escultor Manolo Paz... so [...]
O venres 26 de abril, ás 19:30 horas, en Portas Ártabras terá lugar o espazo literario Café com Portugués. O Café com Portugués é un espazo dedicado á cultura en galego-portugués, divulgando libros, artigos, poesía, música e intercambiando experiencias. Nesta ocasión, a profesora, investigadora e escritora Thayane Gaspar estará na cidade da Coruña e teremos a oportunidade de falar con ela sobre o seu traballo a prol da lingua e da cultura galega no Brasil e da súa novela en prosa [...]
O xoves 25 de abril, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación da edición bilingüe de "Fragor do urdido. Fragor de la urdimbre" editado por Belagua. No acto participarám os autores: Eva Veiga e Francisco X. Fernández Naval. Fragor do urdido é unha intervención poética sobre un tempo confinado, o da pandemia por Covid-19. Cincuenta poemas sen ningunha marca de autoría, que harmonizan nesta edición bilingüe dúas das voces mellor consideradas da poesía galega. Ao remate do acto propo [...]
O xoves 18 de abril, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha conferencia de Manuel López Foxo, autor do libro titulado "Os Vellos". Acto, sobre "AS LEMBRANZAS DOS VELLOS" no que este polígrafo, fondo coñecedor da cultura galega precisamente falará do contido deste seu libro, o que agora, trinta anos despois, reedita a asociación Terras de Ortegal. O asunto vai sobre as lembranzas de homes e mulleres, entón case centenarios e que hoxe xa non están entre nós, pero quedan recollidas as lembr [...]
Está aberta a inscrición para participar nesta xeira que durante todo o día nos levará polas terras do Deza. Sendo esta unha das bisbarras historicamente máis activas na historia de Galicia, como proba a importancia de asentamentos megalíticos, castrexos, romanos e particularmente enclaves medievais, pazos, templos... Proba de ser berce de casas nobles, misioneiros, conquistadores, fidalgos... velaí o Mosteiro cisterciense de Carboeiro, as igrexas de Breixa, Ansemil... Sixto, Ventosa, estas dúas [...]
O xoves 11 de abril, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, que nesta ocasión falará sobre as igrexas de Santiago e Santa María da Coruña, tentando descifrar o significado da súa escultura e rastrexando os seus precedentes noutros lugares e culturas. Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte”. Entrada libre ata completar aforo. Igrexa de Santiago (A Coruña) Foto: [...]
O xoves 4 de abril, ás 20 horas terá lugar a presentación do último libro de Rafael López Loureiro editado por Edicións Embora, titulado: "MARTÍN SARMIENTO, O PRIMEIRO NATURALISTA". O ensaio do investigador e divulgador Rafael López Loureiro, recén editado, é unha mostra de abraio polo labor de Martín Sarmiento –un home único e irrepetible, traballador infatigable, imaxinativo, un inxenuo proxectista de utopías, un urbanita ilustrado, galeguista e naturalista– escrita con talento e sentido do hu [...]