Está aberta a inscripción para participar nesta xeira ao máis emblemático da beiramar galega, con atención especial á vila de Cambados e detida visita, incluida, ao interior do Pazo de Fefiñáns, un paseo polo tempo, por espazos e cousas dunha das casas fidalgas máis emblemáticas de Galicia. Recorrido por espazos do poeta Ramón Cabanillas e do escultor Asorey: polo templo aberto ao ceo e cimeterio de Santa Mariña de Ozo, SatoTome e a Torre de San Sadurniño... o taller do escultor Manolo Paz... so [...]
O venres 26 de abril, ás 19:30 horas, en Portas Ártabras terá lugar o espazo literario Café com Portugués. O Café com Portugués é un espazo dedicado á cultura en galego-portugués, divulgando libros, artigos, poesía, música e intercambiando experiencias. Nesta ocasión, a profesora, investigadora e escritora Thayane Gaspar estará na cidade da Coruña e teremos a oportunidade de falar con ela sobre o seu traballo a prol da lingua e da cultura galega no Brasil e da súa novela en prosa [...]
O xoves 25 de abril, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación da edición bilingüe de "Fragor do urdido. Fragor de la urdimbre" editado por Belagua. No acto participarám os autores: Eva Veiga e Francisco X. Fernández Naval. Fragor do urdido é unha intervención poética sobre un tempo confinado, o da pandemia por Covid-19. Cincuenta poemas sen ningunha marca de autoría, que harmonizan nesta edición bilingüe dúas das voces mellor consideradas da poesía galega. Ao remate do acto propo [...]
O xoves 18 de abril, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha conferencia de Manuel López Foxo, autor do libro titulado "Os Vellos". Acto, sobre "AS LEMBRANZAS DOS VELLOS" no que este polígrafo, fondo coñecedor da cultura galega precisamente falará do contido deste seu libro, o que agora, trinta anos despois, reedita a asociación Terras de Ortegal. O asunto vai sobre as lembranzas de homes e mulleres, entón case centenarios e que hoxe xa non están entre nós, pero quedan recollidas as lembr [...]
Está aberta a inscrición para participar nesta xeira que durante todo o día nos levará polas terras do Deza. Sendo esta unha das bisbarras historicamente máis activas na historia de Galicia, como proba a importancia de asentamentos megalíticos, castrexos, romanos e particularmente enclaves medievais, pazos, templos... Proba de ser berce de casas nobles, misioneiros, conquistadores, fidalgos... velaí o Mosteiro cisterciense de Carboeiro, as igrexas de Breixa, Ansemil... Sixto, Ventosa, estas dúas [...]
O xoves 11 de abril, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, que nesta ocasión falará sobre as igrexas de Santiago e Santa María da Coruña, tentando descifrar o significado da súa escultura e rastrexando os seus precedentes noutros lugares e culturas. Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte”. Entrada libre ata completar aforo. Igrexa de Santiago (A Coruña) Foto: [...]
O xoves 4 de abril, ás 20 horas terá lugar a presentación do último libro de Rafael López Loureiro editado por Edicións Embora, titulado: "MARTÍN SARMIENTO, O PRIMEIRO NATURALISTA". O ensaio do investigador e divulgador Rafael López Loureiro, recén editado, é unha mostra de abraio polo labor de Martín Sarmiento –un home único e irrepetible, traballador infatigable, imaxinativo, un inxenuo proxectista de utopías, un urbanita ilustrado, galeguista e naturalista– escrita con talento e sentido do hu [...]
O vindeiro dia 2 de abril a profesora Celia M. Armas García impartirá unha palestra co título: 'O proceso de normalización da lingua galega' Data: 2 de abril, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Celia María Armas García é Licenciada en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela sendo profesora de lingua galega e literatura no ensino secundario desde o ano 2000. [...]
O xoves 21 de marzo, ás 20 horas en Portas Ártabras, Aurelia Balseiro (Directora do Museo Provincial de Lugo) continuará co curso "Como se Visita un Museo", neste caso cunha conferencia arredor das posibilidades do Museo de Lugo, analizando pormenorizadamente a obra do escultor Asorey que atesoura este Museo. Entrada libre ata completar aforo. Aurelia Balseiro García.- Licenciada con grao en Xeografía e Historia pola USC coa especialidade de Museoloxía (1985-1990). Diploma de Estudos Avanzados p [...]
Na semana do luns 18 ao xoves 22 de marzo realizararemos o xa tradicional cursiño "COMO SE VISITA UN MUSEO". De xeito teórico e práctico analizaranse os tipos de museos, o seu estado da cuestión en Galicia, asi como en relación con outros do Estado e do mundo, os seus condicionantes de continente, contido e proxectos museográficos. Finalmente ofreceranse un tipo de recomendacións, tanto para a visita individual como colectiva ou tipo de museo. Analizaranse obras de arte, artefactos, tratando de [...]