Está aberta a inscripción para a primeira xeira deste ano 2024, que será o domingo de Entroido, 11 de febreiro. Xeira da aventura na que os asistentes, sorpresa tras sorpresa e durante toda a xornada e sen coñecelos lugares que se visitarán, farán un recorrido por algúns dos entroidos máis significativos de Galicia. Tampouco faltará o xantar enxebre en lugar característico. Todo o que si terá relación con esta festa primaveral, analizando ademias o contexto cultural e paisaxístico da zona ou zon [...]
O vindeiro dia 9 de febreiro a economista, escritora, e profesora galega María do Carme García-Negro, impartirá unha palestra co título: Palestra de Economía Galega: Seguimos precisando industria? Data: 9 de febreiro, venres Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña María do Carme García Negro é Doutora en Ciencias Económicas e Empresariais e profesora titular do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. N [...]
O xoves 8 de febreiro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, comentando algún dos relatos bíblicos nos que Yahvé manda aniquilar aos pobos que viven na que será Terra Prometida para que os israelitas poidan ocupala.Resulta asombroso o parecido que manteñen eses xenocidios bíblicos co actual e permanente conflito árabe-israelí.A charla complementarase coa proxección d [...]
O sábado 3 de febreiro ás 12:00, terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro: "BELLAS DAMAS SIN PIEDAD. MUJERES DEL SURREALISMO." O vórtice vital e creativo das mulleres surrealistas excede a problemática de xénero. A súa maneira de estar no mundo derroca estereotipos adquiridos e, a un tempo, custodia o sedutor orgullo da súa feminidade. Musas, si, de presenza poderosa que inspira, instigadoras do prodixio e dunha vida plena que non consente desfalecemento algún ante convencións "cast [...]
O xoves 1 de febreiro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha conferencia impartida polo Doutor en Psicoloxía José Martínez - Romero Gandos, titulada: "AQUÉN E ALÉN DO MAR. LEMBRANZAS DUN RETORNADO". José Martínez-Romero Gandos, nos falará da emigración dos galegos a Arxentina, concretamente a Bos Aires e que el viviu en primeira persoa, de exiliados e emigrados que coñeceu, Colectividades e Institucións galegas emigradas, así como da figura de outro emigrado galego, Luis Seoane. Entrada [...]
O vindeiro dia 30 de xaneiro o profesor de Historia e secretario nacional de CIG-Ensino, Suso Bermello, impartirá unha palestra sobre “A SITUACIÓN ACTUAL DO ENSINO PÚBLICO EN GALIZA”. Data: 30 de xaneiro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Suso Bermello (A Coruña, 1965) é profesor de historia no IES Agra de Leborís da Laracha a onde chegou despois de moitos anos como mestre no ensino primario. É o secretario nacional da CI [...]
Xa está dispoñible para a súa descarga o programa de actividades 2024 de Amigos dos Museos de Galicia No apartado de ACTIVIDADES atoparás a proposta para o ano 2024, realización que dependerá das circunstancias que como xa temos experimentado aínda nos sorprenden. Iso si, como sempre, dentro desa maxia de envolverse na cultura dos pobos que é aproveitar ao máximo días, horas, enxergando todo (enxergar é sentir e sumar canta información sexa posible). Máis aló dos rituais e dos convencionalismos [...]
O xoves 25 de xaneiro, ás 20 horas continuaremos a proxectar en Portas Ártabras un documental arredor de Irlanda, un país celta. Nos modernistas anos 20 a intelectualidade galega, recollendo presupostos románticos seguiu a mirarse no espello ético e estético de Irlanda, un confín radicado nunha tradición celta e cristián, como Galiza, Escocia, Bretaña, Gales, Cornualles.... Esta serie de documentais, con datos arqueolóxicos, históricos, culturais.... introducidos por Felipe-Senén trantan de segu [...]
O venres 19 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga 22 - A Coruña) unha lembranza a amizade de Risco e Ruco coa proxección do filme A NAI, con música en directo de CASPERVEK, con motivo do 5º aniversario da partida cara o alén de Arturo Lezcano. Entrada libre ata completar aforo.
O xoves 18 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a proxección dun documental arredor de Irlanda, un país celta. Nos modernistas anos 20 a intelectualidade galega, recollendo presupostos románticos seguiu a mirarse no espello ético e estético de Iranda, un confín radicado nunha tradición celta e cristián, como Galiza, Escocia, Bretaña, Gales, Cornualles.... Esta serie de documentais, con datos arqueolóxicos, históricos, culturais.... introducidos por Felipe-Senén trantan de seguir [...]