Actualidade


Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2024. O vindeiro dia 12 de novembro o licenciado en Dereito e Ciencias Económicas Enrique Sáez Ponte impartirá unha palestra co título: “JUANA DE VEGA: A PROCURA DUNHA SOCIEDADE MELLOR” Data: 12 de novembro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña “JUANA DE VEGA: A PROCURA DUNHA SOCI [...]

O domingo día 10 de novembro, vespera do celebrado San Martiño e da festa pagán dos Magostos, realizaremos esta xeira, propia para o tempo de outono, a que nós levará ata Viveiro ao fin de coñecer as súas singularidades: cidade de artistas, filósofos, humanistas... para contiuar carao ao complexo fabril de Sargadelos: as novas fábricas ideadas por Díaz Pardo e Seoane... as pegadas da Ilustración, seguindo os pasos de Raimundo Ibañez... Recorrido que se complementará con aspectos arqueolóxicos, m [...]

O sábado 9 de novembro, con saída ás 17:00 dende Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), espazo de cultura de Amigos dos Museos realizaremos unha visita guiada por Felipe Senén (arqueólogo - museólogo) a fin de coñecer aspectos arqueolóxicos, históricos, folclóricos ou míticos da Cidade Vella da Coruña, así como singularidades da Casa Museo de María Pita. Pra ter unha previsión de asistentes, compre Anótarse en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de [...]

O xoves 7 de novembro ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a entrega do Premio Pedra do Destino 2024, que o Día itenacional dos Museos, 18 de Maio, se deu a coñecer. Galardón concedido nesta ocasión ao psicólogo e activista cultural José Martínez-Romero Gandós e a súa compañeira Pilar Jeremías, pola súa dedicación entre a emigración a Arxentina a divulgar a cultura de Galicia e o legado da emigración. Premio que consistirá na edición dun libro sobre a obra de Luís Seoane en Bos Aires , edic [...]

O xoves 7 de novembro, ás 12:00 noso colectivo ten programamda unha visita a exposción: "60 ANOS DO INSTITUTO CORNIDE. PENSAMENTO DE CIDADE" , guiada pola directora do mesma Instituto, a profesora Ana Romero Masiá. É unha actividade de balde e libre, pero compre anotarse en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas. Tomando como fío condutor a historia e actividade do Instituto Cornide desde a súa fundación en 1964, en plena di [...]

O xoves 31 de outubro, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación de "AS HORAS MORTAS" VIAXES E CONVERSAS POR CEMITERIOS GALEGOS de Emma Pedreira, editado por Baía. No acto amais a autora participan Xurxo Souto, Pura Tejelo e Valentín García. Baixo este título reúnese unha antoloxía de cemiterios, camposantos e lugares fúnebres do noso país, ademais dos nosos rituais, crenzas e o corpus mitolóxico que galegas e galegos levamos no adn no tocante á morte. Concibido como unha guía de [...]

Desde a Agrupación Cultural O Facho  vos comunicamos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2024. O vindeiro dia 29 de outubro o profesor e arquitecto Xosé Allegue impartirá unha palestra co título: “GALICIA: TERRITORIO CAPTURADO” Data: 29 de outubro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña GALICIA  : TERRITORIO CAPTURADO           [...]

O domingo 27 de outubro, está programada esta xeira que nos levará pola Ribeira Sacra de Monforte, saíndo ás 09:00 das paradas habituais. Xeira na que coñeceremos o espírito da cidade dos Condes de Lemos, a poderosa familia dos Castros e farémolo a través do seu legado histórico e artístico... para de seguido internarnos polos lugares máis significativos das ribeiras do Sil, os santuarios de Pinol, Cadeiras... núcleos rurais tradicionais cos seus miradores sobre os canóns do Sil. Teremos o tradi [...]

Como é costume ás 20 horas do xoves 24 de outubro en Portas Ártabras, o profesor e historiador do CSIC, Anselmo López Carreira dará unha conferencia sobre un persoeiro singular na historia de fins do medievo, sc. XIV, en Galicia, a de "Xoán de Andeiro, un coruñés nas Cortes de Inglaterra e Portugal". Unha proba das fraternais relacións da Coruña con Portugal, por medio deste noble coñecido tamén como Conde de Andeiro, que se vai a Portugal a fin de vingar o asasinato de Pedro de Castela polo seu [...]