O domingo 11 de maio, Amigos dos Museos de Galicia realizaremos unha singular viaxe "de autor", a fin de coñecer as Terras de Cortegada de Miño e arredores de Celanova (Castromao, Vilanova das Infantas...). Paisaxes naturais e culturais de fondo valor literario, omnipresentes na obra de Méndez Ferrín, a súa Arnoia, a Milmanda na que revitaliza o ciclo artúrico... Onde recordaremos a Curros e o seu poema A Virxe do Cristal, o seu mito, a súa historia.... Coñeceremos a aldea, a Torre de Vilanova e [...]
Esta xeira realizarase na tarde tarde dun sábado do mes de maio (saída ás 16 horas), polo que os e as intresadas deberan preanotarse.... e , unha vez que o número se complete, avisarase aos mesmos. Actividade que se dedicará a visitar integralmente o histórico Pazo de Oca (A Estrada) (interior e xardíns). O pazo foi rematado no século XVIII, xunto a unha vella fortaleza medieval. Está composto polo propio pazo, a capela e as vivendas dos traballadores. De estilo barroco pertence actualmente aos [...]
O xoves 8 de maio, ás 20 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova conferencia de José Luis García Dornelas, enxeñeiro especialista en iconografía medieval. Nesta ocasión, Dornelas explorará a visión bíblica da decadencia e o fanatismo do antigo Israel durante o milenio anterior ao nacemento de Cristo, e de como esta conduta reflectiuse na arte.A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura. Entrada libre ata completar aforo. Detalle da miniatura da Biblia ilus [...]
Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do segundo trimestre de 2025. O vindeiro día 6 de maio, o escritor Rafael Lema Mouzo impartirá unha palestra co título: Costa da Morte, un país de soños e naufraxios Data: 6 de maio, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Rafael Lema Mouzo (Ponte do Porto - A Coruña) é escritor, com [...]
O luns 5 de maio, ás 19 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación de "ELGAR ENCYCLOPEDIA ON GLOBAL MIGRATION: NEW MOBILITIES AND ARTIVISM". Se trata de unna enciclopedia sobre Migracións Globais, con 200 entradas de 200 autores de todo o mundo. Contaremos coa participación de dúas das editoras, Laura Oso e Natalia Ribas-Mateos e algunhas das autoras do libro. https://youtu.be/Y2aF-tsN-SM?si=Z5MD_qNFtxnlEsh4
O domingo 27 de abril, terá lugar unha xeira para coñecer, de xeito integral, a cidade de Ourense: Museo Arqueolóxico, convento medieval de San Francisco, a Catedral co seu museo, as Burgas, a cidade da Xeración Nós e dos "Artistiñas"... o entorno termal do Miño e arredores, entre moitos outros puntos, interiores ou exteriores, en función do tempo (climatolóxico e cronolóxico). Como sempre teremos moi en conta o xantar enxebre en lugar representativo dunha cidade tan agasalleira como inspiradora [...]
O sábado 26 de abril ás 19:30 horas, terá lugar en Portas Ártabras a HOMENAXE A TITO CALVIÑO E PRESENTACIÓN DO LIBRO A CULPA FOI DE ZËNZAR, un evento máis que agardado, orquestado por Laura Rabizal e Xose Anton Bocixa. Contaremos coa presenza de: Tito Calviño (fillo), Xurxo Souto, Manuel Silveira (12 Labirinto), Antón Papaqueixos, Xosé Bocixa (Zënzar), Gonzalo Grela (Broa) e Laura Romero (Autora) E é que, aínda que vos pareza que non, o rock e punk de Cerceda e arredores non sería o que é sen a [...]
O venres 25 de abril ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha palestra organizada por Galiza Sempre e Mar de Lumes titulada: "CHINA, AMEAZA OU ESPERANZA" que contará con Xavier García (xornalista internacional e autor do libro homónimo) e Iria Taibo (Responsábel de Acción Exterior do GP do BNG). "Só desde un coñecemento veraz do que na actualidade é China poderemos abordar a tarefa de que o seu imparable ascenso convértase nun piar fundamental dunha nova orde mundial máis xusta e pacífica [...]
O xoves 24 de abril ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación de "FEDERICO TAPIA SEGADE (1825 -1891) PRIMEIRO ALCALDE REPUBLICANO DA CORUÑA". O acto contará coa presenza dos seus autores; Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez. A obra recolle, a través da vida de Federico Tapia, unha das etapas máis luminosas da cidade da Coruña no século XIX, co trasfondo da revolución de 1868, o Sexenio Democrático, ou a I República e a posterior Restauración. Un período de importante desenv [...]
O mércores 23 de abril ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro: "AS VELLAS DE MENS" de José Manuel Fernández Pensado, editado por Galaxia. Acompañando ao autor estarán Xosé Manuel Varela, autor do prólogo e docente; Felipe - Senén López Gómez, autor do epílogo, arqueólogo e museólogo; e Xesús Domínguez Dono, director de Produción da Editorial Galaxia. Con motivo da concesión das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificada nas cantareiras, José Manuel Ferná [...]