Actualidade


O xoves 11 de setembro, ás 20:00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo "Crenzas e relixións na arte".Nesta ocasión, José Luis García Dornelas, analizará como foron representados distintos personaxes que supostamente estableceron contacto coa divindade ao longo dos séculos: profetas, adiviños, videntes, augures e pitonisas.A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura.Entrada libre ata completar aforo. Xonás, Daniel e Xeremías (Catedral de O [...]

Xeira especial e tradicional no noso colectivo pro tempo de verán. Xornada na que nos adentraremos no Courel polo Alto do Boi, os Vilares, Santa Icía, Folgoso…. e coma tantas veces as aldeas de Seceda e Sobrado, tan repsentativas desta serra lucense. Minas de ouro en tempos romanos, castros, soutos, vellas ermidas e solitarios camposantos… Non deixaremos de entrar nos predios  que foron do poeta Novoneyra en Parada, hoxe Fundación onde sempre somos recibidos polos seus como vellos amigos que som [...]

O xoves 4 de setembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha interesante conferencia arredor do Mosteiro de Caaveiro e as Fragas do Eume: "UNA MIRADA AL MONASTERIO DE CAAVEIRO Y SU ENTORNO NATURAL; AS FRAGAS DO EUME", pronunciada polo arquitecto e doutor en Historia da Arte José Manuel Yáñez. Entrada libre ata completar aforamento Situado nun montículo rochoso entre os ríos Eume e Sesín, na Fraga do Eume, de incomparable beleza, érguese este mosteiro que sufriu numerosas intervencións a [...]

O domingo 31 de agosto terá lugar esta xeira, especial para os calurosos días de verán e que nos levará hacia ao interior da Provincia de Pontevedra; ás terras dos canteiros que son as do Paradanta e Terra de Montes, pasando por Mondariz, o Covelo, Carballeda, Cotobade, Augas Santas, O Pelete... A Franqueira .... Recorrido entre paisaxes de montaña, ríos, penedas, santuarios, ermidas, cimeterios que nos deixarán ver obras de arquitectura e escultura popular sorprendente, a dos arxinas, coa súa x [...]

O xoves 21 de agosto, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro: "GALICIA Y LA SEGUNDA CIRCUNNAVEGACIÓN A LA TIERRA. SIGLO XVI" do profesor e escritor Santiago Juega Puig. O 24 de xullo de 1525, partiu da Coruña a expedición de Loaísa, formada por 450 homes e 7 naves. Ía de segundo de a bordo o piloto maior Juan Sebastián Elcano. A misión era chegar ás illas Molucas para comezar o comercio das especias. As dificultades da navegación provocaron o afundimento dunha das nave [...]

O xoves 14 de agosto, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a conferencia titulada "O PINTOR GALEGO PÉREZ VILLAMIL E OUTROS NA CORTE SEVILLANA DOS DUQUES DE MOMPENSIER", pronunciada polo profesor emérito do Departamento de Historia da Arte da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Sevilla, Gerardo Pérez Calero. Repaso do coleccionismo e do mecenado no sc. XIX en Sevilla, entre o que é sobranceiro a formada polo Duque de Mompensier, quinto fillo de Luis Felipe de Francia, cuñado [...]

O xoves 31 de xullo, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha interesante conferencia da man de Heitor Picallo, na que habemos mergullar naqueles relatos da literatura merliniá que teñen como escenario Galiza e Compostela. Reproducidos en códices que se conservan en distintas institucións museográficas e arquivísticas de Europa, non queremos renunciar a tratar sobre algúns destes manuscritos, tanto os redactados en variantes oilitanas como os que se verteron ou adaptaron ao toscano e vene [...]

Dende o xoves 24 de xullo pode visitarse unha nova exposición en Portas Ártabras, cos fondos da coleción de Amigos dos Museos de Galicia conformada por distintos artistas galegos (Isaac Díaz Pardo, Maribel Valdivieso, Virxilio, Alfonso Costa...) antigas caixas de caudais, carteis do Día das Artes Galegas ou un cartel de cego do século XVIII. A exposición pode visitarse ata o 22 de decembro. Actividade subvencionada por: