MARTES 17 DE NOVEMBRO, PALESTRA DE JOSÉ ENRIQUE BENLLOCH: “RELATOS HISTÓRICOS DE MUXÍA E MORAIME” (O FACHO)


O vindeiro martes 17 de novembro dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2026, organizadas pola Agrupación Cultural O Facho, o investigador e historiador José Enrique Benlloch del Río impartirá en Portas Ártabras unha palestra co título:

RELATOS HISTÓRICOS DE MUXÍA E MORAIME

Data: 17 de novembro, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Portas Ártabras – Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella – A Coruña

José Enrique Benlloch (Muxía, 1949) desenvolveu a sua vida profesional ligada á empresa, á docencia e á formación universitaria continuada. Na sua faceta investigadora e historiadora, é recoñecido polos seus estudos sobre o pasado medieval e documental da Costa da Morte. O seu traballo céntrase na análise das fontes relacionadas con Muxía, o priorado de Moraime e as antigas terras de Nemancos.

Ao longo de varias décadas, publicou numerosos traballos científicos e divulgativos sobre o patrimonio documental galego, entre as que se poden citar a Historia de Muxía e Moraime. Apuntamentos (2026), os Estudos sobre o Mosteiro de Moraime (2022, 2015, 2012) e as investigacións sobre a actividade dos escribáns das terras de Nemancos, a evolución histórica de Muxía e o papel económico das palilleiras e das mulleres na comarca durante o século XVIII.

Esta labor de recuperación da memoria histórica se ven realizado en colaboración e co apoio de entidades culturais da comarca, como a Asociación Cultural Xervasio Paz Lestón, o Concello de Muxía ou a traveso de iniciativas pola defensa do Patrimonio Cultural Inmaterial de Muxía (proxecto Buserana).