XOVES 10 DE SETEMBRO, PAGANISMO E CRISTIANISMO NA ARTE: “EL TRIBUTO SAGRADO”


O xoves 10 de setembro, ás 20.00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo “Paganismo e Cristianismo na arte”.

Nesta ocasión, José Luis García Dornelas falará, apoiándose en máis dun centenar de imaxes, sobre “O TRIBUTO SACRO”, é dicir, os agasallos e sacrificios cos que os seres humanos trataron de gañar o favor das divindades, desde os deuses sumerios, ata san Benitiño.

Entrada libre ata completar aforamento.

Figuras votivas sumerias que se conservan nos museos de Chicago, Baghdad e MET de Nova York. Están datadas entre os anos 2.750 e 2.400 antes da nosa era.