XOVES 30 DE ABRIL: PRESENTACIÓN DO PROXECTO HATUN VILCABAMBA ES


O xoves 30 de abril ás 20 horas, o historiador e xornalista, Santiago del Valle Chousa; acompañado por Javier Alonso Iñarra, membro da Xunta Directiva e responsable de expedicións da Sociedad Geografica Española, presentarán en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22 – baixo) o proxecto HATUN VILCABAMBA ES, que culmina tres décadas de investigación e exploracións no Perú para identificar e poñer en valor a capital sagrada perdida dos últimos reis Incas, Hatun Vilcabamba, coñecida polos españois como Vilcabamba la Grande.

Neste acto amosaran as primeiras imaxes obtidas con tecnoloxía Lidar, de laser aerotransportado con helicóptero da capital sagrada perdida. Queimada, por orde do último rey Inca, Tupac Amaru, ante a inminente chegada do exército enviado polo virrey, que conquistou a capital sagrada o o 23 de xuño de 1572.

Nesta longa investigación, con máis de vinte exploracións sobre o terreo e varias excavacións, reconstruiron a verdadeira ruta que seguiu aquel exército ata un lugar despoboada ubicado a oitenta kilómetros ao oeste de Machu Picchu.

Para a identificación da cidade perdida foron moi importantes as aportacións documentais de dous cronistas galegos do século XVI, Xoan de Betanzos y Pedro Sarmiento de Gamboa. Así como un documento de 1710 no que Juan Arias Díaz Topete acredita a última visita coñedica a cidade sagrada.

A ubicación Vilcabamba a Grande é un misterio arqueolóxico de interés mundial dende hai dous séculos. Atopala era o obxectivo de Hiram Bingham cando chegou a Machu Picchu en 1911.

Entrada libre ata completar aforamento.