XOVES 5 DE DECEMBRO: O MODELO PONTE…NAS ONDAS! DE BOAS PRÁCTICAS CO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL


O xoves 5 de decembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha interesante conferencia O MODELO PONTE…NAS ONDAS! DE BOAS PRÁCTICAS CO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL, na que contaremos coa presenza de Santiago Veloso presidente da asociación Ponte…nas ondas! que nace no ano 1995 para cubrir a necesidade de tender pontes de comunicación entre galegos e portugueses, dous pobos que comparten historicamente unha mesma cultura inmaterial que aínda hoxe permanece viva e que en moitos aspectos son comúns.

A inscrición no rexistro de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) da UNESCO do “modelo Ponte…nas ondas! (PNO!) en 2022 supuxo o recoñecemento institucional dun proxecto pedagóxico e cultural que se foi construíndo ao longo de tres décadas. O modelo de boas prácticas co PCI desenvolvido ten como piares fundamentais a educación, os medios de comunicación, as TICs e o patrimonio.

Entarda libre ata completar aforo.